Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2017

Volvemos á montaña, é a quenda do Courel

Imaxe
Data:sábado 04 de marzo de 2017
Itinerario:  Aula Natureza Moreda – Devesa de Rogueira– Miradoiro de Polín– Parada 
Distancia: 11 km
Dificultade: media-alta
GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16523981

Seguimos co ciclo de montaña deste ano 2017 tentando á sorte para poder catar algo de neve, desta volta dende os 1400m. da Serra do Courel e as fermosas paisaxes da Devesa de Rogueira. Unha verdadeira ruta de altura que demanda ir ben preparados para afrontala co máximo de garantías. É por isto que recomendamos:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos moitas posibilidades de pisar neve e incluso de camiñar con ela. Así é que agardamos unha sensación térmica de -2ºC e un 60% de probabilidades de auga. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en cal…

Ruta do Contrabando de Vilardevós

Imaxe
Data:sábado 18 de febreiro de 2017
Itinerario:  Vilardevós – Lamasdeite – Soutochao– Fervenza– Tomonte– Berrande
Distancia: 19 km
Dificultade: media 
GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16385278

Comezado o ciclo de montaña deste ano 2017 achegámonos agora ata a "Raia Seca" entre Ourense e Portugal. Unha ruta que parte dende a Serra das Penas Libres en Vilardevós e que permitirá recuperar a memoria do contrabando entre países. Con todo o punto máis fermoso da ruta sen dúbida será a Fervenza do Pontón, unha verdadeira xoia do noso patrimonio natural tan pouco valorada. 
As recomendacións para esta ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos unha moi boa xornada para a práctica do sendeirismo. Sen previsión de auga e con temperaturas medias (entre 12º e 2º). En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén …