Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January, 2016

Chega a cita anual co Xurés

Imaxe
Data:sábado 30 de xaneiro
Itinerario: Balneario de Riocaldo – Corga da Fecha – Balneario de Riocaldo
Distancia: 17 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido: Corga da Fecha, Aquis Ogeresibus Ao remate da ruta existirá a posibilidade de bañarse nas termas de Riocaldo (Lobios). Levar traxe de baño, toalla, sandalias etc
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12121621


E chegou a nosa cita anual co Xurés!! ...ese fantástico Parque Natural tan pouco recoñecido malia ao seu valor. E para axudar a valoralo nós imos en marcha!!

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un día frío e gris pero sen previsión de auga. Así é que con temperaturas mínimas de 4º, máximas de só 12º e coñecedores da singularidade do itinerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade no…

A primeira de 2016, volvemos!!

Imaxe
Data:sábado 16 de xaneiro
Itinerario: Santa Eulalia de Mos – A Gándara – Chan das Pousas – O Castro
Distancia: 19 km
Dificultade: baixa - media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido: Festa da Prehistoria de Mos
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1164475


Feliz ano 2016!!! ...e para parabenizar en persoa volvemos cunha nova ruta. E será histórica!!!

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. Con algo de frío pero igualmente fantástico para camiñar!! Así é que as temperaturas mínimas serán de 3º e as máximas de só 12º. Recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking, non é necesario o Gore-Tex. Desta volta tampouco recomendamos o uso de polainas pero si outros complementos…