Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November, 2011

Roteiro 3 UVigo 11/12 Ruta Galiñeiro - monte Aloia

Como vai a xornada electoral "post-andaina"??? Malia os diferentes imprevistos que retrasaron e acortaron a marcha, agardamos que as belísimas paisaxes e os aires da nosa visita de onte á serra axudáravos alomenos a reflexionar o voto. ;)  A próxima ruta é o 10 de decembro; muíños, castañas, viño... son só algunhas das instantáneas que atoparedes. Reservade unha praza canto antes!!!


Imos á serra!!!

Imaxe
A andaina Galiñeiro-Monte Aloia, a terceira da tempada, xa está aquí!! Lembrade:

 Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Pontevedra ás 08:15 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 08:45 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería D´Vinci (Campus Lagoas Marcosende)
 Grupo Ourense:  Saída ás 08:00 na cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio) destino punto de reunión Cafetería D´Vinci (Campus Lagoas Marcosende)
NOTA: Para esta ruta é necesario traer comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.).

__________________________
 Dende o blogue dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo apoiamos tódalas iniciativas promovidas en prol da defensa da Serra do Galiñeiro, un espacio cun valor patrimonial único que debe ser protexido.



+ info: http://serragalinheiro.wordpress.com/2011/02/13/manifesto-pola-proteccion-da-serra-do-galineiro/