Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2018

A derradeira da montaña deste ano no cumio de Pontevedra

Imaxe
Data: sábado 03 de marzo de 2018 
Itinerario:  Aciveiro (mosteiro) - Alto da Penadoiro - Andón - Aciveiro (mosteiro)
Distancia: 17 km 
Dificultade: media
GPS: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteirosuvigo-8-2017-2018-candan-circular-proba-22794601 

> INSCRICIÓNS: Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Despois de camiñar con neve en Montederramo e en Manzaneda, rematamos o ciclo de montaña deste ano na Serra do Candán. Unha ruta de menor altura que as anteriores pero igualmente importante ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA BOA XORNADA:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada gris, con posibilidade de auga e temperaturas baixas. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto non mollarnos, cortar o vento e abrig…

"Año de nieves..." Ruta por Manzaneda

Imaxe
Data: sábado 17 de febreiro de 2018 
Itinerario:  Estación de Montaña de Manzaneda
Distancia: 14 km 
Dificultade: media
GPS:https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteirosuvigo-7-2017-2018-cabeza-de-manzaneda-circular-22726291

> INSCRICIÓNS: Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.





Despois do primeiro contacto coa neve en Montederramo seguimos o ciclo cunha fantástica ruta na Estación de Montaña de Manzaneda e os seus 1776 metros sobre o nivel do mar. Por isto é FUNDAMENTAL ATENDER A ESTAS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada propia de montaña. Temperaturas baixas e posibilidade de neve. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto non mollarnos, cortar o vento e abrigarnos ao tempo que podemos ir retiran…