Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Magosto 2015

Imaxe
Data: sábado 12 de decembro
Itinerario: Ourense, Parque Botánico do Montealegre, Área Recreativa de Santa Marta
Distancia: 15 km


E chegou a ruta na que ningunha persoa consulta o percorrido. O motivo? Porque o que en verdade interesa é o xantar e a festa final!!! Pero para ter un día perfecto atent@s:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. Con algo de frío pero cun sol fantástico para camiñar!! Así é que as temperaturas mínimas serán de 3º e as máximas de só 12º. Con todo un ceo pouco anubrado garante un día fantástico. Recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking con Gore-Tex. Desta volta non recomendamos o uso de polainas nin de outros complementos como bastóns. Pero queda da man de cada quen, asemade lembr…

Obxectivo Arnoia

Imaxe
Data: sábado 28 de novembro
Itinerario: O Val, O Viso, Escudeiros, O Val 
Distancia: 17 km Itinerario para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11449455


Avanzamos e chegamos a terceira ruta e o Río Arnoia será o obxectivo. E para gozar do día:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. Con algo de frío pero moi bo para camiñar!! Así é que as temperaturas mínimas serán de 7º e as máximas de só 12º. Con todo un ceo pouco anubrado garante un día fantástico. Recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking con Gore-Tex. Se ben desta volta non recomendamos o uso de polainas, si poden ser de interese outros complementos como bastóns. Asemade lembrar que podemos deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) R…

Outono nas fragas

Imaxe
Data: sábado 14 de novembro
Itinerario: A Ponte, Pardiñeiro, O Rial, As Caldas, A Ponte
Distancia: 17.5 km Itinerario para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4104880 


Entramos no outono descubrindo un lugar máxico agochado ao pé da Cañiza. Unha ruta das Fragas e levadas do Calvo e Deva deseñada e recuperada pola Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños de Parada de Achas. E para gozar do día:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. As temperaturas mínimas serán algo baixas (7º) pero cunhas máximas de 19º e un ceo pouco anubrado garanten un día fantástico. Con todo o percorrido discorre próximo a zonas de auga que recomendan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota tipo Trecking con Gore-Tex e recomendamos desta volta o uso de polaina…

A benvida do ano con viño do Ribeiro

Imaxe
Data: sábado 24 de outubro
Itinerario: Carballeda de Avia, A Veronza, Pena Corneira, Valboa, Paredes, Lebosende, Leiro.
Distancia: 17.5 km Itinerario para GPS:http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11149550



Volvemos!! ...este sábado reactivamos os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo cunha ruta de dificultade media na contorna do Monumento Natural de Pena Corneira. E para gozar do día as nosas recomendacións:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un bo día para a práctica do sendeirismo. As temperaturas mínimas de 11º e máximas de 19º xunto cun ceo pouco anubrado aconsellan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o camiño é aberto e por pistas na súa maioría  polo que o calzado ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking e se ben non son necesarias as polainas outros complementos como bastóns poden ser de grande …

Volvemos!!

Imaxe
[Entrevista no Diario da Universidade de Vigo]

As rutas culturais que cada curso organiza o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo xa están en marcha. O día 24 de outubro arrancara, cun percorrido polo Ribeiro, unha programación que durante o curso 2015/2016 levará aos amantes das andainas a percorrer once roteiros por Galicia e a súa contorna. Serán en total 202 quilómetros nos que os participantes non só terán a oportunidade de realizar unha actividade física senón tamén coñecer o patrimonio natural e cultural dos lugares por onde pasen e divertirse en grupo. 

Coma cada ano, na programación dos roteiros deste curso intentamos ser innovadores, introducindo novas propostas que sexan atractivas tanto para o público que xa temos fidelizado como para as persoas que se queiran iniciar nas andainas”, explica José García-Calvo, Willy, coordinador das rutas culturais da Universidade de Vigo. Nesta ocasión, entre as novidades máis destacadas están un percorrido polas Médulas, “porque desp…

Rematamos o ano entre fragas e praias

Imaxe
Data: sábado 18 de marzo Itinerario: A Fraga, Moaña, Cangas
Distancia: 14 km Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9365411


Rematamos o ano de Roteiros Culturais 2014/2015 cun pequeno paseo polo Morrazo. Dende os altos da Fraga ata o litoral de Moaña e Cangas. Un roteiro de poucos km reservando un tempo ao remate do mesmo para coñecernos, compartir, bañarnos, querernos... todo para despedirnos como é necesario ata o próximo ano académico. 
As nosas xa clásicas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día mixto. Comezará con ceos anubrados (incluso algo de auga) e remataremos con ceos abertos e sol. Ademais as temperaturas con mínimas de 10º e máximas de 14º xunto aconsellan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas, a ser posible unha exterior tipo chuvasqueiro, para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor, abre o ceo e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o ide…

Camiño Santiago 1-3 de maio de 2015

Imaxe
> CANDO? COMO?
Fixemos a nosa primeira peregrinación a Santiago de Compostela no 2005, a segunda no 2010 e a terceira non podía faltar no ano da conmemoración do 25 aniversario da Universidade de Vigo en 2015.

O percorrido de 110 km estará dividido en tres etapas a realizar os días 1,2 e 3 de maio:
1ª Etapa: Ourense - Dozón (40 km)
2ª Etapa: Dozón - Bandeira (35 km)
3ª Etapa: Bandeira - Santiago (35 km)

> INSCRICIÓNS? PREZO?
Dende o xoves 19 de marzo e ata o 10 de abril está aberto o prazo de preinscrición para todas as persoas interesadas en participar. A inscrición pode realizarse directamente na web do Servizo de Deportes, informarse no 988 387102 ou en siope-ou@uvigo.es

Hai un máximo de 35 prazas, polo que tras a preinscrición farase unha selección de interesadas na que terán prioridade aqueles que teñan completado un maior número de andainas dos roteiros culturais e aqueles que sexan membros da comunidade universitaria. A confirmación de praza farase o 13 de abril. Os selecc…

Do mar ao río ... á Ribeira Sacra

Imaxe
Data: sábado 21 de febreiro Itinerario: Priorato da Cova, Arxúa, Igrexa Santo Andrés Ribeiras do Miño, Valboa, Marce, Seoane, Igrexa Santo Estevo de Atán, Cima de Atán
Distancia: 17 km Itinerario para GPS:http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9104348

Despois do suave paseo polo litoral da Lanzada e O Grove remontamos o Río Miño cara o interior ata a Ribeira Sacra. Pero unha Ribeira Sacra descoñecida, máis verde, antropizada e funcional que a do Río Sil. Este sábado continuamos o PRG-162 da Ribeira Sacra do Miño. 
As nosas xa clásicas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un bo día para a práctica do sendeirismo. As temperaturas mínimas de 4º e máximas de 18º xunto cun ceo anubrado aconsellan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o camiño é dos coñecidos "rompe pernas", con non moita di…

List@s para conquistar O Grove?

Imaxe
Data: sábado 7 de febreiro
Itinerario: A Lanzada, San Vicente, O Carreiro, O Grove Distancia: 21 km Itinerario para GPS:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8980094  Nota:Existirá a posibilidade de bañarse na praia (en función do tempo)



Só restan 3 rutas para rematar a temporada 2014/2015 dos Roteiros Culturais da Universidade (sen contar a extraordinaria saída do Camiño de Santiago de maio da que pronto colaremos máis info).  E xa cheira a primavera, no interior aparecen as mimosas e no litoral o mar comeza a actuar de polo de atracción. Así é que este finde tiramos cara a praia, e coa previsión que temos máis dun tomará o primeiro baño do ano. 
As nosas xa clásicas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día fantástico con temperaturas mínimas de 9º, máximas de 20º e un fermoso sol no alto durante toda a xornada. Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente…

Camiño da Raíña Santa

Imaxe
Data: sábado 21 de febreiro
Itinerario: Bande, Alto do Vieiro, Gontán, Celanova
Distancia: 18 km
Itinerario para GPS:http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8843827
Nota: A ruta inclúe unha visita guiada á Capela Mozárabe de Santo Miguel de Celanova e Mosteiro de San Salvador


Despois da fantástica ruta da neve por Montederramo deixamos a un lado o equipo de alta montaña e tornamos aos típicos carreiros e sendeiros da nosa fermosa xeografía. A ruta é ben sinxela e servirá para estirar perna despois da dureza da anterior. E para facela máis interesante os primeiros km serán con modalidade de andaina libre e haberá sorteo de premios. :) 

As nosas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día regular. Comezaremos con probabilidade de chuvia e temperaturas frías (5º)mellorando pola tarde. Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas e a ser posible impermeable. Importante se a primeira hora chove levar paraugas…

Queredes neve? Seguro? Pero seguro, seguro?

Imaxe
Data: sábado 7 de febreiro
Itinerario: Encoro de Chandrexa de Queixa, Santa Cruz, A Ferrería, O Teixedo, O Bidueiral, Vilanova, Montederramo
Distancia: 20.5 km
Itinerario para GPS:http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8798085



Chega a ruta máis agardada polos amantes da montaña e das panorámicas imposibles. Chega a ruta de Montederramo!!! Este ano ademáis innovando cunha ruta que recupera parte do antigo GR56 - Transourensán. Un percorrido fantástico con 10 km de neve con máximos de 60 centímetros de grosor. E para gozar ben do día e non ter problemas atent@s as nosas recomendacións:


1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) a día de hoxe fala de que teremos un gran día, moi baixa probabilidade de chuvia pero temperaturas moi frías (3º-9º). Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas e a ser posible impermeable. Importante braga para o pescozo, gorro e luvas.

- Para o tren inferior ideal pantalón trecking, ideal se é abrigoso, polainas e bot…