Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2017

Rematamos o ano no fin do mundo

Imaxe
Data:sábado 13 de maio de 2017
Itinerario:  Praia de Estorde, Sardiñeiro de Abaixo, Praia Langosteira, Fisterra, Faro, A Insua, Praia de Fóra, Praia Langosteira
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa
Track GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17641306 




Rematamos o ano académico no que por moito tempo foi o fin do mundo coñecido, Fisterra. Unha ruta litoral chea de misticismo coas mellores paisaxes. 
As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es non son moi boas e apuntan a que teremos moitas posibilidades de ter algo de choiva. Así é que malia a sensación térmica será boa (13/15ºC) será necesario estar preparados para camiñar nalgún momento baixo a auga. 
É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (fundamental que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento, frío e auga ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 
Moi reco…