Publicacións


Na primavera do ano 2010 a Universidade de Vigo, a través do seu Servizo de Deportes e da Vicerreitoría do Campus de Ourense, organizou unha viaxe de peregrinación de Ourense a Santiago de Compostela seguindo o denominado oficialmente Camiño Sueste-Vía da Prata.

O positivo da experiencia, a singularidade dese Ano Xacobeo ao ser o único desta década e a implicación da Provincia de Ourense nesta ruta que transcorre por vinte dos seus municipios, lebou á Universidade en colaboración co Consello Social , a elaborar unha guía que reunira unha achega histórico-artística ao patrimonio cultural do camiño, cos coñecementos sobre metodoloxía tradicional de orientación e as técnicas máis novidosas neste campo fundamentais para os peregrinos do s. XXI.

Coa publicación desta guía o equipo dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo gostaría axudar a quen emprenda o camiño para que ao entrar en Santiago de Compostela sinta a satisfacción de ter alcanzado a fusión entre o esforzo físico e o enriquecemento cultural e poida, volvendo a vista ao camiño, contemplar a impronta das súas pegadas xunto as das xentes que peregrinaron no pasado.


A guía Roteiros Culturais por Ourense nace coa finalidade de dar a coñecer a través de dez rutas de sendeirismo algúns dos lugares máis emblemáticos da provincia. Entre eles, mosteiros e igrexas cunha longa tradición medieval e moderna como Rocas, Ribas do Sil, Montederramo, San Clodio, Oseira e Augas Santas, xacementos arqueolóxicos como o Castro de Santomé ou paraxes naturais de indudable beleza como a Serra do Xurés, Pena Corneira e o Canón do Sil.

Cada itinerario inclúe, ademais da guía histórica dos monumentos visitados, as características e desenvolvemento do percorrido, o seu perfil topográfico e un mapa cos nomes dos lugares polos que pasa e coas fotografías dos cruces máis problemáticos.