👣 16/03/2024 | RUTA 8. Muíños do río Folón - A Guarda. O Rosal (Pontevedra)

 





Despois do contacto coa montaña en San Mamede e en Manzaneda mudamos de ciclo cunha fantástica ruta na zona do Rosal, recordando neste 25º aniversario o noso paso en 2012 na ruta dos Muíños do río Folón.





O Roteiro dos Muíños de Folón ofrece aos visitantes a oportunidade de mergullarse na rica historia galega mentres exploran un fascinante conxunto de muíños construídos entreos séculos XVII e XVIII.


Estes muíños (máis de 60), situados na conca do río Folón, un afluente do Miño, foron enxeñosamente deseñados para aproveitar a forza da auga, impulsando grandes rodas de pedra que xeraban fariña de millo, centeo e trigo para abastecer tanto á poboación local como ao seu gando.

A medida que o tempo avanzaba, estes muíños caeron no esquecemento e a ruína, ata que, na década dos anos 90 do século XX, foron redescubertos e sometidos a un proceso de restauración que os devolveu ao seu esplendor orixinal. Hoxe en día, estes tesouros arquitectónicos representan de maneira destacada o rico patrimonio galego e foron recoñecidos como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.



A ruta de sendeirismo que serpentea ao longo da conca do río Folón e a Serra de Torroso para rematar na vila de A Guarda. Unha viaxe que combina historia, arquitectura e natureza, deixando unha impresión duradeira naqueles que deciden explorar este fascinante patrimonio cultural.



*Imaxe donde apreciamos Sta. Tegra ao fondo


👣 DataSábado 16 de Marzo de 2024

👣 Itinerario: Aparcamento dos Múiños do Río Folón e Picón, Capela de San Martiño, Alto do Couto, Alto da Portela, Torroso, A Guarda

👣 Distancia: 17 km 

👣 Dificultade: Media

👣 Punto de encontro dos tres Campus: Ás 10:30h  na Cafetería Liga de Amigos no Rosal  (https://maps.app.goo.gl/C2iLwm6z8rvoSFKKA

👣 GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-8-muinos-do-folon-a-guarda-o-rosal-pontevedra-rutas-culturais-uvigo-2023-24-163550531

 

👣 Perfil da ruta: 







RECOMENDACIÓNS:


1) As previsións apuntan a que teremos un día nubrado con posibilidade de choiva canto máis nos acheguemos a tarde, con temperaturas case primaverais próximas aos 17º:


*Pronóstico segundo a Aemet, para o concello de O Rosal

Ideal roupa combinada polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o camiño aconsella levar bota ou zapatilla de trekking, mellor con membrana impermeable tipo goretex ante a previsión de lixeira choiva.

Aínda que o percorrido vai por camiños anchos e sen moita pedra e convinte levar bastóns de sendeirismo, sobre todo para a primeira parte, debido o desnivel que acumulan os Muíños do río Folón.


RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

1) Como avituallamento 
bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.

2)
 Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 

3) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia

Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal


Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo ás 09:00h

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.