Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2017

No corazón da Ribeira Sacra: Ruta do Río Mao

Imaxe
Data: sábado 04 de novembro de 2017
Itinerario:  Miradoiro de Triguás - Forcas - San Lourenzo Barxacova - Fábrica da Luz 
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa 
GPS:
1ª Parte: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20556427
2ª Parte: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20541491


> NOTA:a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e visita guiada para descubrir o espectacular xacemento arqueolóxico da Necrópole de San Vítor de Barxacova. Ao remate da ruta teremos a oportunidade de descubrir o único Museo do Chocolate de Galicia... ñam ñam... :P


> INSCRICIÓNS:
Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Seguimos en ruta, desta volta cunha das rutas máis fermosas desta tempada. Comezaremos ao pé das serras orientais e iremos pouco a pouco descendendo polo canón do Río Mao ata afondar no corazón da Ribeira Sacra. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos de…

Comezamos con historia, viño e termas. Are you ready?

Imaxe
Data: sábado 21 de outubro de 2017
Itinerario:  Castrelo de Miño - Castro de Astariz + Baño nas Termas de Prexigueiro
Distancia: 15 km
Dificultade: baixa 
GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20399916

> NOTA:a ruta inclúe paradas interpretativas para coñecer o patrimonio cultural, natural e vitivinícola do Ribeiro. Ao remate da ruta teremos a oportunidade de gozar dun baño no Balneario – Spa Termas de Prexigueiro. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc. e unha muda completa para o remate da xornada.


> INSCRICIÓNS:
Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

Iniciamos o ano académico 2017/2018 cunha ruta na contorna do encoro de Castrelo de Miño, no corazón do Ribeiro. Historia, viño e termas como atractivos dunha ruta de dificultade baixa para ir entrando en forma. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada ideal para volver á naturez…