Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November, 2013

13/14 - 3º Castros de Cualedro

Imaxe
Terceiro roteiro cultural do ano académico 2013/2014 na Universidade de Vigo coordinado José García Calvo "Willy". Unha ruta para iniciados!!! Xa que as condicións de serra aos pés do Larouco achegan unha imaxe completamente diferente ás ribeiras visitadas nos anteriores roteiros.

A xornada comezaba no monumental Castro da Saceda coas explicacións do arqueólogo Martiño Xosé Vázquez, responsable de achegarnos este xacemento e o Castro de San Millao carentes por completo ambos de sinaléctica ou outros recursos interpretativos.

O percorrido continuaba durante quilómetros polos restos do lume deste verán permitindo comprender in situ o desastre dun incendio forestal destas dimensións. Sorte que a segunda parte do roteiro, entre soutos, viñas, salgueiros mellorou en parte esta imaxe proxectando unha idea de como sería este territorio previo desastre.

Unha ruta para interpretar!!!

Nota: Parabéns ao concello de Cualedro pola limpeza do castro da Saceda. Agora a pol…

O terceiro roteiro será algo diferente

Imaxe
Xa resta pouco para a terceira ruta deste ano. Unha ruta que será moi singular con respecto ás dúas anteriores. Mudamos a ribeira pola penechaira, unha paisaxe moi diferente a todo o que levamos camiñado este ano, con catro atractivos esenciais:
- visitar o castro de Saceda
- comprender in situ o desastre dun incendio forestal como o deste verán
- visitar o castro de San Millao
- comprender como sería esa zona de non ser polo incencido, soutos de castiñeiros, viñedos, etc.
E coma sempre algúns consellos para gozar dunha xornada única:
1) A previsión do tempo é boa, aínda que con moito frío. Se confiamos nos modelos numéricos de Meteogalicia, aínda que na anterior ruta fallaron, non necesitaremos nada de roupa de augas. Malia isto si baixarán as temperaturas polo que aconsellamos traer polares de cremallera en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. O que chaman "efecto cebola non é?" hehehehe...
Por todo isto e por coñecer de primeira man o terreo, se…

Presentado aos medios o novo libro do equipo dos Roteiros Culturais

Imaxe
Onte presentamos no Salón de Graos da Facultade de Historia de Ourense o noso novo traballo: Camiño de Santiago - Sueste_Vía da Prata. O segundo dos libros do equipo dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo. Se queredes máis info podedes consultar a nota de prensa tirada polo DUVI premendo na foto. De todos modos estades todos convidados á presentación que faremos en Ourense o próximo xoves no local El Cercano ás 20:00. 

13/14 - 2º Ribeira Sacra (Peroxa-Santo Estevo)

Imaxe
Segundo roteiro cultural do ano académico 2013/2014. Unha fermosa ruta que comezaba no Castelo de A Peroxa coas explicacións do noso compañeiro medievalista e investigador da Universidade de Vigo Victor Rodríguez Muñiz para descender progresivamente ata chegar ao Río Miño. Despois de remontar este río ata Os Peares comezaban os 5 km duros da andaina para gañar altura ata a Necrópole Megalítica de Moura e dende aquí descender suavemente ata o fantástico Mosteiro de Santo Estevo e rematar co paseo en barco. Unha xornada dura pero fantástica malia o mal tempo!!! 

Nota1: Parabéns ao concello de A Peroxa polo estado de conservación da ruta e o castelo. Nota2: Grazas a tod@s @s que cedestes o voso lugar no catamarán e agardastes con paciencia no embarcadoiro. 

Se queredes botarlle unha ollada ás fotos da ruta e descargar algunha premede aquí. E se queredes a ruta xa sabedes que están todas coladas en wikiloc.

Chegou a segunda, chegou a Ribeira Sacra

Imaxe
Resta menos dunha semana para a segunda ruta do ano, e coma sempre algúns consellos:
1) A previsión do tempo de novo é regular. Os modelos numéricos de Meteogalicia falan de algo de choiva pero moi pouca. Ademais baixarán as temperaturas. A día de hoxe presentan a máxima do sábado tan alta como a mínima destes días. Por todo isto e por coñecer de primeira man o terreo, sendo na súa maioría por camiños tipo verea e carreiros moi afectados pola auga destas semanas, a nosa recomendación de novo é de calzado tipo bota. Bendito Gore-Tex!!

2) Traede, coma sempre un petisco deavituallamento (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.). 

3)Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.

4) Ao remate teremos un paseo en barco polo Río Sil!! Polo que rematará a actividade a media tarde.

5) Horarios: desta volta tócavos madrugar aos de Vigo e Pontevedra. Ás 9:00 en Café-Bar Bekas…