Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

Roteiro 4 UVigo 11/12 Ruta dos muíños do río Loña

Imos de magosto!!

A andaina dos muíños do río Loña, a derradeira deste ano 2011, xa está aquí!! LembradeSÁBADO 10 DE DECEMBRO:

Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Pontevedra ás 07:25 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 07:50 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00
Grupo Ourense:  Punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00
NOTA: Ao remate da ruta celebrarase un magosto con chourizos, castañas, viño e outros produtos típicos na área recreativa de Loñoá, polo que non é necesario traer comida.

Roteiro 3 UVigo 11/12 Ruta Galiñeiro - monte Aloia

Como vai a xornada electoral "post-andaina"??? Malia os diferentes imprevistos que retrasaron e acortaron a marcha, agardamos que as belísimas paisaxes e os aires da nosa visita de onte á serra axudáravos alomenos a reflexionar o voto. ;)  A próxima ruta é o 10 de decembro; muíños, castañas, viño... son só algunhas das instantáneas que atoparedes. Reservade unha praza canto antes!!!

Imos á serra!!!

Imaxe
A andaina Galiñeiro-Monte Aloia, a terceira da tempada, xa está aquí!! Lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Pontevedra ás 08:15 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 08:45 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería D´Vinci (Campus Lagoas Marcosende)
Grupo Ourense:  Saída ás 08:00 na cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio) destino punto de reunión Cafetería D´Vinci (Campus Lagoas Marcosende)
NOTA: Para esta ruta é necesario traer comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.).

Dende o blogue dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo apoiamos tódalas iniciativas promovidas en prol da defensa da Serra do Galiñeiro, un espacio cun valor patrimonial único que debe ser protexido.

+ info: http://serragalinheiro.wordpress.com/2011/02/13/manifesto-pola-proteccion-da-serra-do-galineiro/

Últimas prazas para a ruta do Galiñeiro - Monte Aloia (19 de novembro)

Imaxe
Dende o Servizo de Deportes avisan das poucas prazas dispoñibles a día de hoxe para a próxima andaina do 19 de novembro que discorrerá pola serra viguesa do Galiñeiro (na foto). Índa que o prazo de inscrición remata o martes día 15 de novembro as prazas son limitadas. Apuntádevos xa!! ;)
+ info:http://deportes.uvigo.es/novedades_ficha.asp?id=1503

Roteiro 2 UVigo 11/12 Ruta Camiño Santiago-Termas de Outariz

Imos ás termas??

A segunda andaina da tempada xa está aquí!!. Lembrade:
Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Pontevedra ás 07:30 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 08:00 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Ourense.
Grupo Ourense:  Punto de reunión ás 09:00 na cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio). __________________________ NOTA: Para esta ruta é necesario traer comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.), así como traxe de baño, toalla, sandalias... para baños termais.

Fotos do Roteiro 1 UVigo 11/12 Paseo Outonal polo Ribeiro do Avia

Gracias ó compañeiro de vereas Carlos March (colaborador incansable na andaina como "coche escoba"), podemos compartir con vós algunhas imaxes do Paseo Outonal polo Ribeiro do Avia do pasado domingo 9 de outubro. Agora a preparar a deste sábado, xa estades inscrit@s??

Se non visualizas a proxección de imaxes inferior fai "click" aquí.

Un paso pola solidariedade internacional.

Imaxe
Hoxe as rúas de Ourense espertaron coas pegadas da andaina solidaria Camiñamos con Unicef, unha actividade coordinada polo "noso Willy" que procuraba recadar fondos para a emerxencia nutricional do Corno de África. Esta é a homenaxe gráfica que dende o blogue dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo queremos facer a tódolos participantes que deron un paso adiante en prol da solidariedade internacional.

O Paseo Outonal polo Ribeiro do Avia na prensa

Imaxe
O prometido é débeda. Aquí paran as primeiras fotos que conseguimos sobre a andaina do domingo e que as podedes consultar hoxe no suplemento + Deporte do diario La Región. Pronto máis e mellor. ;)

Roteiro 1 UVigo 11/12 Paseo Outonal polo Ribeiro do Avia

Como vai a recuperación da andaina de onte?. A verdade é que foi un bo roteiro para ser o primeiro, se non o credes botádelle unha ollada ao mapa:

En canto teñamos fotos as colaremos, coma sempre, neste blogue. De momento, na sección Falan de Nós (abaixo á dereita desta páxina), podedes consultartamén o artigo-presentación da temporada do Diario da Universidade de Vigo.
Vémonos o sábado 22 de outubro na andaina das termas de Outariz. ;)

Éxito de participación na 1ª andaina do ano...

A próxima ruta "do Ribeiro-San Clodio" xa é un éxito, mesmo antes de comezar. Non quedan prazas vacantes!!! Moitas gracias polo voso interese, vémonos o domingo e recordade:
Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Pontevedra ás 07:15 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 07:45 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal).
Grupo Ourense:  Saída bus Ourense ás 08:00 na cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio).
__________________________ NOTA: Para esta ruta contamos con 5 puntos de avituallamento, polo que non é necesario traer comida.

Camiñamos con Unicef

Dende o blogue dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo queremos colaborar dando a coñecer esta andaina organizada por Unicef para recadar fondos para a emerxencia nutricional do Corno de África. Anímaste a dar un paseo solidario?

1ª Andaina do ano

Preparad@s??? Aquí fican os datos da primeira andaina do ano que coincide co Paseo Outonal polo Avia organizada polo Concello de Leiro para promocionar esta fermosa paisaxe.
DATA: 9 de outubro de 2011 (Praza Luis Hermida) HORA: 9:00 h RECORRIDO: 2 etapas (10 km / 21 km)
Descarga o programa en .pdf aquí.
NOTA: A inscrición nos Roteiros Culturais da UVigo implica a participación directa nesta andaina. No caso de non contar cunha praza aterse ás normas de inscrición presentes no díptico.

Folleto Informativo Rutas Culturais 2011-12

Descárgao en .pdfaquí.

Xa temos programa!!

Imaxe
Na páxina web do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo xa podedes consultar o programa de rutas para o vindeiro ano académico 2011/2012. Nada máis e nada menos que 8 novidades!!! Xa resta menos!!!

TamañoTipoDescargarNormativa de inscrición no programa de Rutas Culturais 2011-201254 KB.pdfPrograma de Rutas Culturais 2011-201285 KB.pdf

...xa resta menos para botarnos a camiñar.

Imaxe
Como vai ese verán? ...na praia?, que sorte!! ...nós pola contra, e como podedes comprobar na fotografía inferior, xa estamos prospectando o terreo para preparar a nova temporada de roteiros 2011/2012. Xa resta menos...

Aquí deixámosvos unhas fotografías da última prospección na contorna do Río Mao para que vaiades abrindo o apetito.

XII Andaina do Xurés

Nota:

Ruta publicada en wikiloc por Asaltamontes.

XIV Andaina de Allariz

Preme AQUÍ para obter o teu diploma no caso de ter superadas as 3 etapas.

Nota: Ruta publicada en wikiloc por Blacbay.

IV ANDAINA CARTELLE-COTO NOVELLE
19 de Xuño de 2011

Unha nova andaina para a nosa sección RECOMENDAMOS.
Mirámonos no camiño. ;)

Inscrición e + info:
Deportes Redonet (

Roteiro 11 UVigo 10/11 Ruta das Rías Baixas

Unha gran andaina para despedir o programa 2010/2011. De novo, moitas gracias a tod@s pola vosa masiva participación durante todo o curso e, particularmente, neste derradeiro roteiro que superou tódolos rexistros de inscrición anteriores.
Mirámonos en setembro no camiño, namentres podedes seguir informad@s neste blogue. ;)

Presentación XIV Andaina de Allariz

Imaxe

+ info

+ info na sección recomendamos ou premendo aquí.

Novo programa de andainas do Clube Universitario de Cultura e Ocio (CUCO)

Imaxe
+ info na nosa sección RECOMENDAMOS. ;)

Roteiro 10 UVigo 10/11 Ruta Lubián-O Cañizo

Roteiro 9 UVigo 10/11 Ruta Via Nova

Imaxe
Xa están á vosa disposición documentos fotográficos inéditos da nosa aventura lusogalaica, como o que podedes ver na imaxe da esquerda.
Premede aquí para ver o álbum de Picasa.

"¡Con lo que yo he sido!" ;)

Roteiro 9 UVigo 10/11 Ruta Via Nova

¿Recuperad@s do "chaparrón" do sábado?? Alomenos aproveitamos o tramo portugués, agardamos ter máis sorte co tempo a próxima vez. Con todo, estas son das andainas que lembraremos sempre... ;)

"Récord" de participación....

Imaxe
Semella que as fotos que colamos fai un par de semanas fixeron efecto en vós porque o número de inscricións para a andaina de mañá, Ruta 9 - Via Nova, supera a marca de participación dos Roteiros Culturais neste ano 2010/2011.
Moitas gracias a tod@s pola vosa masiva participación, agardamos responder co mesmo agarimo.
Mirámonos mañá no camiño. ;)

Que non se diga....

Imaxe
Onte 20/03/2011 participamos na VIII Andaina_Ourense Capital Termal de Galicia. Unha loable iniciativa promovida e coordinada polo "noso  Willy"  na que participaron preto de medio milleiro de persoas  entre os que albiscamos algúns dos "clásicos" participantes dos nosos roteiros. Que non se diga que a nosa sección RECOMENDAMOS non ten acollida... ;)

Roteiro 8 UVigo 10/11 Ruta Mosteiro Santo Estevo

Mirámonos no camiño! ;)

Preparade as cámaras!!!

Imaxe
Seguindo a senda aberta coa creación deste blogue, dentro dunha estratexia de visibilización do rico patrimonio arqueolóxico, histórico-artístico e natural de Galicia, axuntamos unhas imaxes da prospección do terreo realizada polo "staff" dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo hoxe entre as Terras de Bouro e Lobios. Unha fermosa paraxe que retratarán as vosas cámaras na andaina do 26 de Marzo sempre e cando descarguedes tódalas fotos que tiraremos o próximo sábado 12 no espectacular Cañón do Sil e no paradigmático Mosteiro de Santo Estevo. ¿Estades inscrit@s xa?

Roteiro 7 UVigo 10/11 Ruta Mosteiro Montederramo

A RUTA OFICIAL:

Observacións: Por mor da abundante neve a organización mudou o itinerario programado polo Alto de San Mamede. Con todo, un grupo de "valorosos montañeiros" como podedes mirar abaixo foron quen de manter o itinerario previsto: O GRUPO DA FAZAÑA:

Nota: Ruta, puntos de paso e fotografías cedidas polo noso compañeiro de vereas Quiroga. (http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1487501)

Ruta 6 UVigo 10/11
Ruta Barbantiño-San Cibrao de Las

Nota:  As fotografías anteriores ó Roteiro 6/ Ruta do Barbantiño fican na galería de imaxes do Servizo de Deportes:  http://deportes.uvigo.es/contenido_galeria1.asp?categoria=41&sec=16&pos=0&categoria_galeria=75

Ruta 5 UVigo 10/11
Ruta do Arnoia-Zona do Ribeiro

Ruta 4 UVigo 10/11
Ruta San Pedro de Rocas

Ruta 3 UVigo 10/11
Ruta Penamá (Allariz)

Ruta 2 UVigo 10/11
Ruta de San Rosendo

Ruta 1 Uvigo 10/11
Ruta das Termas

Programa Rutas Culturais 2010-2011

Ruta 11 UVigo 09/10
(Ruta Cañóns do Sil)

Ruta 10 UVigo 09/10
(Ruta de Montederramo)

Ruta 9 UVigo 09/10
(Etapa do Camiño a Santiago: Laza-Xunqueira)

Ruta 8 UVigo 09/10
(Ruta dos Mosteiros)

Ruta 7 UVigo 09/10
(Ruta do Ribeiro)

Ruta 6 UVigo 09/10
(Ruta Serra do Xurés )

Ruta 5 UVigo 09/10
(Ruta de Santa Mariña de Augas Santas)

Ruta 4 UVigo 09/10
(Ruta do Barbantiño)

Ruta 3 UVigo 09/10
(Ruta Currosiana)

Ruta 2 UVigo 09/10
(Os muíños do Río Lonia)

Ruta 1 UVigo 09/10
(San Tomé-Termas Chavasqueira)