Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Imos pola derradeira de 2014, imos de magosto!!!

Imaxe
Data: sábado 13 de decembro
Itinerario: Xunqueira de Ambía, Outerelo, Salgueiros, A Beirada, Vilameá, Arrabaldo, Reboredo, Moreiras, Caspiñón, Boeiros, Río Loña, AR Loñoá
Distancia: 23 km
Nota: A ruta inclúe visita á Santa María de Xunqueira de Ambía. Ao remate celebraremos un magosto con chourizos, castañas, viño e outros produtos típicos de Ourense




Este sábado temos o derradeiro roteiro deste ano 2014. Unha ruta que parte de Xunqueira de Ambía e percorre parte desa mal chamada "Vía da Prata". E falamos de parte porque como é norma a derradeira do ano rematará cun bo magosto na área recreativa de Loñoá. Toda unha celebración!!! 100% ourensana por suposto...e coma sempre con sorteos!!!

O percorrido, malia os 23 km, é moi suave e maioritariamente chairo. Xa que logo, partindo do perfil e o recoñecemento da ruta, as nosas recomendacións específicas:

1) A previsión do tempo e os modelos numéricos de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de algunha posibilidade de auga nas primeir…

De pazos, ferraduras, ríos e castros...

Imaxe
Ruta 3 / 2014-2015 _ Trasalba-PACC San Cibrán de Lás
Data: sábado 22 de novembro
Itinerario:Pazo Museo Otero Pedraio-Trasalba, Petroglifos A Ferradura, A Pedra Formigueiro, Teixeira, Portecelos, Fondo de Vila, Fervenza do Viñao, O Souto, PACC San Cibrán de Lás.
Distancia: 19 km
Nota: A ruta inclúe visita guiada ao Pazo Museo Otero Pedraio, conxunto petroglifos A Ferradura e PACC San Cibrán de Lás.



Chega a terceira ruta do ano e a previsión meteorolóxica de novo non é a ideal. Os modelos numéricos de Meteogalicia falan de chuvia a partir do mediodía, pero é o que ten querer ter as paisaxes verdes das que tanto gostamos non?

O percorrido é moi suave e, arredor dos 19 km, alteramos o tramo por Puzo Lago para gozar co outono na fantástica Fervenza do Viñao e o paseo do río.

Coma sempre, as nosas recomendacións específicas:

1) Como decimos a previsión do tempo fala de auga pero as temperaturas serán elevadas, entre 12º e 17º, polo que sumado ao estado do terreo aconsellamos levar roupaprep…

Á chuvia... á chuvia... pois bañador!!

Imaxe
Ruta 2 / 2014-2015 _ Ourense Termal
Data: sábado 8 de novembro
Itinerario: Campus As Lagoas, E.Castadón, E.Cachamuíña, Castro de Santomé, Oira, Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño da Veiga, Balneario de Outariz
Distancia: 23 km
Nota: A ruta inclúe visita guiada ao Castro de Santomé e baño no Complexo Terma de Outariz (Grupo Ibernisha, S.L.)



Chega a segunda ruta do ano e a previsión meteorolóxica non é moi boa a verdade. Os modelos numéricos de Meteogalicia falan de chuvia moderada para primeira hora da mañá e máis intensa contra o mediodía, pero como a esa hora estaremos ben mollados no balneario de Outariz pois tampouco pasa nada non? ;)

O percorrido é moi suave e, malia a ser 23 km, o desnivel acumulado é moi reducido polo que a dificultade é baixa. Coma sempre, as nosas recomendacións específicas:

1) Como decimos a previsión do tempo fala de auga e temperaturas baixas, entre 9º e 14º, polo que sumado ao estado do terreo aconsellamos levar roupa de abrigo e preparada para a auga, preferente…

A primeira do ano... CON VIÑO!! :)

Imaxe
Pois iso mesmo familia...a primeira ruta do ano deste sábado 18 coincide coa 1ª Andaina do Viño de Monterrei. Unha modalidade diferente ao resto de rutas programadas para este curso académico. A ruta estará debidamente balizada e cada quen poderá facelo ao ritmo que considere oportuno. Algo interesante xa que despois do verán non todas temos o mesmo estado de forma. :P

O percorrido total ten unha distancia de 29,4 km pero poderá ser realizado nunha ou dúas etapas. A segunda só será posible comezala a partir das 13h.


 A ruta percorre os lugares máis senlleiros do concello pasando polas adegas da D.O. Monterrei que ao rematar convidarán a unha degustación dos seus viño con sorteo de regalos. Ademais, o longo do percorrido haberá varios puntos de avituallamento. Todo un plan non é??

Coma sempre as nosas recomendacións específicas:

1) A previsión do tempo a día de hoxe fala de que mellorará bastante con respecto á situación destes días. Con todo podemos ter algún momento de auga que sumado…

Roteiros UVigo is back!!

Imaxe
Xa foi o verán ... xa coñecimos outros mundos e outras realidades ... xa camiñamos por corredoiras moi afastadas do noso país comprendendo o pequenos que somos. A necesidade de mirar máis aló das nosas realidades cotiás.


Pero xa foi ... agora xa estamos de volta cunha nova programación de rutas que nos permitirá seguir descubrindo toda a riqueza patrimonial galega. A primeira ruta será o próximo sábado 18 de outubro e comezamos con cultura, natureza e ... como ben sabedes os que seguides o noso Facebook ... con VIÑO!!! Si con VIÑO iiiiipp!!!! Desta volta participaremos na 1ª Andaina do Viño de Monterrei cun percorrido total de 29 km das que poderemos facer unha ou as dúas etapas. A 1ª de 17,2 km e a 2ª de 11,2 km.

Na semana anterior coma sempre faremos mención ás nosas recomendacións de roupa, equipaxe... de momento ide formalizando a vosa inscrición. Este ano hai novidades, xa podemos facer a inscrición ONLINE!!!! Botádelle unha ollada ao proceso premendo aquí.

List@s para a derradeira do ano???

Imaxe
Chega a derradeira do ano!! Estades list@s?? Pouco máis de 20 km entre o fondo da Ría de Vigo e a vila de Moaña. Unha ruta para pechar por completo o Morrazo despois das rutas dos anteriores anos. Se queredes botarlle unha ollada aquí queda o track:


E se queredes ver algunhas fotos do recoñecemento están co resto na nosa páxina de Facebook.
As recomendacións e anotacións para esta etapa:
1) A previsión do tempo é boa, pero que moi boa!!! Polo que a nosa recomendación é a de calzado baixo e cómodo, tipo zapatilla de trecking transpirable. Asemade para combatir a calor roupa lixeira e en capas, gorra, crema solar... Ademais, e coma sempre, traede avituallamento e moi IMPORTANTE: AUGA!!!
2) Traede bañador e toalla. Ao rematar a ruta, como todos os anos, deixaremos un tempo para que quen queira abrir a veda de baño do ano o faga a gusto. Podedes traelos nunha mochila e deixalos no bus para non cargar con eles durante o percorrido.
3) Horarios: Ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo …

E da costa ao interior!!

Imaxe
Como van eses pés mollados? Secaron xa as botas despois da aventura de cruzar o río? Pois máis vale porque mañá toca descubrir un dos destinos máis descoñecidos do interior, a Ribeira Sacra do Miño. Un percorrido de case 19 km que nada ten que botar en falta perante o seu homólogo na Ribeira Sacra do Sil. Máis verde, máis produtivo, con máis panorámicas...se queredes podedes botarlle unha ollada ás fotos de recoñecemento premendo aquí.



E coma sempre, para que a ruta sexa o máis agradable posible para tod@s, un par de recomendacións:

1) A previsión do tempo a día de hoxe fala dunha xornada moi gris con 85% de probabilidades de choiva na mañá e un pouco menos pola tarde. O único bo é que melloran as temperaturas: entre 15º e 20º. Previsión que sumada ao recoñecemento do terreo aconsella novamente levar roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Roupa de augas, especialmente para a parte superior teremos que levar tamén un chuvasqueiro transpirable.…

Praia ou montaña??

Imaxe
Despois da senlleira ruta polo segundo pico máis alto de Portugal (O Pico Nevosa), non abandonamos o país irmán e descendemos do alto das montañas ata as fantásticas praias lusas entre a foz do Miño e a do Lima. Un paseo de case 23 km cun desnivel mínimo onde malia a ter a presencia constante do mar a nosa dereita a paisaxe é moi variada entre piñeiros, monte baixo, campos de cultivo, etc. Podedes botarlle unha ollada ás fotos de recoñecemento premendo aquí e á ruta a continuación:

A ter en conta:

1) A previsión do tempo a día de hoxe fala dunha xornada gris con posibilidade de auga en momentos puntuais do día e temperaturas arredor dos 15º. Previsión que sumada ao recoñecemento do terreo aconsella levar roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Para a parte superior teremos que levar tamén un chuvasqueiro transpirable. Como calzado aconsellamos zapatillas baixas tipo trecking pero conGore-Tex ou aptas para pasar por zonas con auga. 
2) Traede c…

List@s para facer cumio??

Imaxe
Este sábado temos o roteiro máis complicado deste ano 2014. Unha ruta de aproximadamente 20 km na que faremos cumio no coñecido como Pico Nevosa no Xurés-Gerês. Un punto onde podemos albiscar toda a provincia de Ourense e parte de Portugal. 
A dureza da ruta non está tanto na distancia coma no perfil e no propio chan. Será unha ruta de sendeirismo de alta montaña polo que non teremos sendeiros marcados e teremos que guiarnos en campo aberto. Esta será unha característica de desgaste físico pero especialmente psicolóxico, o que sumado ao importante desnivel acumulado e a mala previsión do tempo fai que dende o staff dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo cataloguemos esta ruta como de alta dificultade
Para que o que pode ser unha xornada memorable non mude nunha mala lembranza dese fantástico patrimonio que é o Parque Natural da Baixa Limia Serra do Xurés, aconsellamos (que é o mesmo que entendemos necesario para tod@s @s participantes):
1) A previsión do tempo dos compañeiro…

Danger!! Danger!! Danger!!

Despois da polémica ruta PR-G 48 Entre Rías, que por certo na páxina da Federación Galega de Montañismo non recomendan por problemas de mantemento (algo que puidemos comprobar de primeira man), subimos do nivel do mar ata...ata case 1600 metros!!! Si!!! Ata case 1600 metros do Pico da Nevosa no Xurés. 

Na páxina de Facebook (onde colamos todas as fotos das rutas) podedes botarlle unha ollada a como será a ruta. Mañá ou o mércores en función da predicción meteorolóxica colaremos as recomendacións pero de momento unha reflexión moi importante para ter presente este sábado:
Estamos perante unha ruta de sendeirismo de alta montaña, con todos os condicionantes que esta característica ten. Razón pola que estamos perante unha ruta, tal e como aparece no programa, de dificultade alta!!! O perfil evidencia o diferencial altimétrico pero non a irregularidade do terreo polo que non confiarse dos poucos km de distancia (de feito resta engadirlle un par de km para poder acceder á estrada principa…

Despois da neve sol e mar!!

Imaxe
Este sábado temos o terceiro roteiro deste ano 2014. Unha ruta de aproximadamente 19 km na que teremos a oportunidade de albiscar os fondos das rías de Vigo e Pontevedra. E despois da experiencia da neve agora toca SOL E 21º de temperatura. En serio!! Que de verdade...completamente en serio! ;)
E para que esta temperatura e ruta non muden unha xornada fantástica, algúns consellos:

1) A previsión do tempo fala de sol con máximas de 21º. Pero malia a isto, despois de recoñecer o terreo, a ruta pasa por numerosas zonas con auga. Con tal, se ben aconsellamos roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor para a parte superior, aconsellamos tamén calzado preparado para a auga: botas ou zapatillas pero conGore-Tex!!

2) Traede coma sempre o avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, bebidas etc.)

3)Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.
4) Comezaremos a…

De ría a ría e tiro porque...

Imaxe
Despois da fantástica experiencia da ruta pola neve viaxamos agora ao mar. Será o próximo sábado 8 de marzo e desta volta achegarémonos á paisaxe cultural e natural dos fondos das rías de Vigo e Pontevedra. Un verdadeiro contexto"rurbano"!!

Onte achegámonos a facer un recoñecemento do territorio e todo está listo. Podedes botarlle unha ollada ás fotos do percorrido premendo na imaxe. Nos próximos días colaremos a ruta en GPS e as recomendacións. Para comezar unha modificación no horario, sairemos ás 9 dende Ourense e non ás 8 como aparece no programa. Menos madrugar e máis.... :)



Fotos da 6ª ruta, as fotos da neve, a ruta memorable!!!

Imaxe
Como foi o regreso á normalidade despois da fantástica ruta deste sábado? Unha ruta que foi memorable!!!
Xa podedes descargar as fotografías para imprimilas e presumir de aventura. Para abrir a galería de fotos como sempre premede na imaxe. E se queredes a ruta en GPS está en wikiloc, premede aquí para visualizar. Foi a mesma que a feita en febreiro de 2011, e teremos que facela de novo non é??

Estades list@s para a sexta ruta do ano? Seguro?

Imaxe
Fai cousa duns anos unha ruta que parecía comezar normal remataba na vila de Montederramo cun misticismo que ningunha outra alcanzaría ata a actualidade. A razón? Camiñar polos cumios de San Mamede sobre unha capa de neve que superaba o medio metro de altura en determinadas zonas. Dende aquel ano prometemos repetir a xornada noutra data pero coas mesmas condicións para que todo o mundo gozara da montaña como todos os que participamos aquel día. Será desta volta? Despois do recoñecemento do terreo todo indica que si. Estades list@s? Seguro?
Se queredes botarlle unha ollada ás imaxes do recoñecemento do terreo premede aquí

Fotos da 5ª ruta - VIA NOVA

Imaxe
Xa podedes revisar e descargar a escolma de imaxes tomadas na pasada ruta. Para abrir a galería de fotos premede na imaxe
Vémonos en 15 días na neve!!! Estades list@s??

A primeira do ano!! Camiñando a VIA NOVA!!

Imaxe
Este sábado temos o primeiro roteiro deste ano 2014. Unha ruta de aproximadamente 20 km na que seguiremos as pegadas de tantos outros camiñantes na historia que empregaron a VIA NOVA como fío de comunicación do sur da antiga Gallaecia.
E coma sempre consellos para a xornada:
1) A previsión do tempo fala de menos frío que estes días, pero dun 95% de probabilidades de choiva para ese día. Ademais, despois de recoñecer o terreo, a ruta pasa por numerosas zonas con auga. Con tal aconsellamos traer polares de cremallera en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor así como calzado preparado para a auga: botas conGore-Tex!!

2) Traede coma sempre o avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, bebidas etc.)

3)Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.
4) A actividade inclúe unha pequena visita da man do noso medievalista Víctor Rodríguez Muñíz á igrexa de Santa Comba de…

List@s para volver??

Imaxe
Xa resta menos para a primeira andaina deste 2014. Será o próximo sábado 25 e desta volta achegarémonos ao sur da provincia de Ourense para camiñar por onde outros xa o fixeron fai 2000 anos!!! Pola famosa VIA NOVA, unha calzada de época romana que unía as cidades de Braga con Astorga, malia a que nós obviamente só faremos unha etapa de 20 km. Se queredes botarlle unha ollada á ruta, tal e como é norma este ano, xa a publicamos para que vexades a distancia, perfil... E como podedes comprobar será suave pero intensa para baixar os kg do turrón do nadal hehehehe...

E se queredes botarlle unha ollada ás paisaxes tamén tedes oportunidade de facelo na nosa páxina de Facebook. Alí veredes por exemplo a preciosa capela de Santa Comba de Bande que coñeceremos da man dos nosos colaboradores da Facultade de Historia de Ourense.