Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November, 2012

Auga e cultura nas Terras do Deza

Imaxe
Xa estamos a menos de 72 horas da terceira andaina do ano!!! ...este sábado achegarémonos ás Terras do Deza. A ruta, de pouco máis de 18 km, percorre as fermosas paisaxes próximas ó mosteiro de Carboeiro coa fervenza do Toxa como referente. Preparade as vosas cámaras para tirar fotos como estas que fixemos nós:






E lembrade!!!
Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Vigo ás 07:45 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal) e Pontevedra ás 08:10 nas proximidades do Cafetín (Alameda): destino punto reunión cafetería á entrada de Silleda (por detrás da gasolinera).
Grupo Ourense:  Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 8:00 destino punto reunión cafetería á entrada de Silleda (por detrás da gasolinera).


Ruta 2 12/13 Arenteiro

Imos entón pola segunda do ano!!

Imaxe
Este sábado imos pola segunda do ano!!! ...nesta ocasión descenderemos o río Arenteiro ata a desembocadura no Avia para rematar cunha pequena visita ó mosteiro de San Clodio e unha cata de viños do Ribeiro!!! Si, unha CATA DE VIÑOS!!! Xa que logo non fagades plans para a tarde do sábado porque chegaremos hip...un pouco...hip...tarde...hip. ;)

Lembrade:
Grupo Pontevedra-Vigo:  Saída bus Pontevedra ás 08:00 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 08:25 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión aparcadoiro estación de tren do Carballiño.
Grupo Ourense:  Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00 destino punto reunión aparcadoiro estación de tren do Carballiño.