Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January, 2013

Ruta 5 12/13 Sete Camiños

2013 - Volvemos??

Imaxe
Xa está todo listo para o primeiro Roteiro Cultural de 2013. Nesta ocasión, e como xa vos comentamos en post anteriores, achegarémonos ó Espazo Arqueolóxico e Natural dos Sete Camiños. Así, e como non podía ser doutro modo, apoiaremos este proxecto promovido por preto de vinte agrupacións que reclaman a valoración e recuperación deste singular espazo. Botádelle unha ollada ó vídeo presentación do proxecto no fondo deste post.
A ruta roldará os 18 km en total, os primeiros 5 km ó carón do mar e gozando da paisaxe das Salinas do Ulló. Con un perfil completamente chairo iremos dende o Clube de Piragüismo de Paredes ata Cimadevila, a partir deste punto e durante outros 5 km salvaremos un desnivel próximo ós 400 metros para chegar á Lagoa de Castiñeiras. Este tramo, sen dúbida o máis duro da etapa, vese recompensado pola fermosa paisaxe etnográfica que presenta. Xa que logo grande parte do seu percorrido faise entre muíños hidráulicos hoxe abandonados que nada teñen que desmerecer ós xa coñ…

+ info da II Andaina Cidade Universitaria

Imaxe
Hai uns días anticipámosvos que o próximo 10 de marzo se celebraría a II Andaina Cidade Universitaria, incluída este ano dentro do programa de Roteiros Culturais da UVigo. Pois xa temos máis datos:
Data: 10 de Marzo de 2013 (ollo que é DOMINGO)
Hora:              - acreditación para andaina entre as 8:30 e as 9:00 horas na Área Comercial do CUVI             - saída ás 9:00 horas             - chegada aproximada entre as 13:30 e as 14:00 horas
LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: Área Comercial do CUVI

O percorrido total será de 17 km con saída dende o CUVI - Muíño Maquías - Alto do Galiñeiro - Zamáns - Vilariño - CUVI. Botádelle unha ollada ó perfil:

O sistema de inscrición é o mesmo que para o resto dos Roteiros Culturais, a única diferencia é que desta volta existe a posibilidade de inscribirse só na andaina por 4 €. Con todo este prezo non inclúe dereito a transporte nin comida,  polo que recomendámosvos (alomenos á xente do Campus de Pontevedra e Ourense) seguir o procedemento habitual: 
- 10 € para …

Xa estamos de volta!!

Imaxe
Chegou 2013 e con el volve a actividade dos Roteiros Culturais da UVigo. Recordade que temos unha cita o 26 de xaneiro para coñecer e apoiar o proxecto dos Sete Camiños. Pronto teredes máis info pero antes, o 24 de xaneiro, temos outra pequena ruta de apenas 7 km para descobrir o conxunto arqueolóxico e natural de Santomé. Non son moitos km pero é unha oportunidade única para visitar o lugar da man dun arqueólogo e dun ambientólogo. E ademáis é de balde!!! gratis!!! ...e para os 30 primeiros inscritos incluso con xantar incluído. 
Esta actividade realízase ó abeiro da Convocatoria 2012 da Vicerreitoría de Extensión Universitaria de actividades extraacadémicas e de difusión cultural. A ruta realizarase o día 24 de xaneiro de 2013 dende as 14:00 ata as 18:00 horas. Inclúe, como comentamos, un pequeno xantar de balde para os 30 primeiros inscritos (bocadillo, froita, bebida e café) e unha visita guiada ao conxunto patrimonial de Santomé da man dun arqueólogo e dun ambientólogo.
O punto de…