Xa estamos de volta!!

Chegou 2013 e con el volve a actividade dos Roteiros Culturais da UVigo. Recordade que temos unha cita o 26 de xaneiro para coñecer e apoiar o proxecto dos Sete Camiños. Pronto teredes máis info pero antes, o 24 de xaneiro, temos outra pequena ruta de apenas 7 km para descobrir o conxunto arqueolóxico e natural de Santomé. Non son moitos km pero é unha oportunidade única para visitar o lugar da man dun arqueólogo e dun ambientólogo. E ademáis é de balde!!! gratis!!! ...e para os 30 primeiros inscritos incluso con xantar incluído. 

Esta actividade realízase ó abeiro da Convocatoria 2012 da Vicerreitoría de Extensión Universitaria de actividades extraacadémicas e de difusión cultural. A ruta realizarase o día 24 de xaneiro de 2013 dende as 14:00 ata as 18:00 horas. Inclúe, como comentamos, un pequeno xantar de balde para os 30 primeiros inscritos (bocadillo, froita, bebida e café) e unha visita guiada ao conxunto patrimonial de Santomé da man dun arqueólogo e dun ambientólogo.

O punto de saída e de regreso é o Edificio de Ferro – Facultade de Historia na porta que sae á rúa Dr. Temes. (saída ás 14:00 e regreso aproximado ás 18:00 horas)

 Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para a práctica do sendeirismo.

 Inscrición na caseta do LERD en fronte do Reloxo do Campus de Ourense.