2013 - Volvemos??

Xa está todo listo para o primeiro Roteiro Cultural de 2013. Nesta ocasión, e como xa vos comentamos en post anteriores, achegarémonos ó Espazo Arqueolóxico e Natural dos Sete Camiños. Así, e como non podía ser doutro modo, apoiaremos este proxecto promovido por preto de vinte agrupacións que reclaman a valoración e recuperación deste singular espazo. Botádelle unha ollada ó vídeo presentación do proxecto no fondo deste post.

A ruta roldará os 18 km en total, os primeiros 5 km ó carón do mar e gozando da paisaxe das Salinas do Ulló. Con un perfil completamente chairo iremos dende o Clube de Piragüismo de Paredes ata Cimadevila, a partir deste punto e durante outros 5 km salvaremos un desnivel próximo ós 400 metros para chegar á Lagoa de Castiñeiras. Este tramo, sen dúbida o máis duro da etapa, vese recompensado pola fermosa paisaxe etnográfica que presenta. Xa que logo grande parte do seu percorrido faise entre muíños hidráulicos hoxe abandonados que nada teñen que desmerecer ós xa coñecidos do Rosal (Folón e Picón).




Os derradeiros 8 km manteremos a cota e descenderemos progresivamente ata rematar na Área Recreativa do Pornedo. Neste tramo final, e grazas a colaboración do arqueólogo Lukas Santiago, autor do proxecto dos Sete Camiños, e do antropólogo Rafa Quintía descubriremos tódolos segredos que este espazo patrimonial agocha.

Se queredes máis info da ruta ollade a nota de prensa do DUVI premendo aquí e lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 08:30 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e Vigo ás 08:55 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Hotel San Luís (N-550, Paredes).

Grupo Ourense:
 Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 8:00: : destino punto reunión Hotel San Luís (N-550, Paredes).



Publicacións populares deste blog

De finde á montaña, imos ao Xurés

Comeza o ciclo de montaña 2017 [Actualizada]

Ruta do Contrabando de Vilardevós