Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2017

De finde á montaña, imos ao Xurés

Imaxe
Data:sábado 22 e domingo 23 de abril de 2017
Itinerario:
 - sábado 22/04/2017: Roteiro Megalítico Val do Salas 
Distancia: 13.5 km
                 Dificultade: baixa


 - domingo 23/04/2017: Puxedo-A Cela-O Pisco
Distancia: 17.5 km
                 Dificultade: media



Despois dun merecido descanso nesta santa semana de vacacións volvemos á montaña, neste caso á Serra do Xurés. Con estas rutas pecharemos o ciclo de montaña deste ano 2017 despois de achegarnos a Chandrexa, Penas Libres, Courel e Trevinca. 

A ruta tradicional de sábado será desta volta unha ruta dobre, xa que logo quedaremos a durmir alí para gozar dunha xornada de confraternización co que despedir o ano académico. Atentas ao programa:
Sádado 22/04/2017
7:30h _ Praza Galicia Nº5 (Pontevedra): saída autobús dirección Vigo 7:55h _ Areal Nº46 (Vigo): saída dirección Xurés 9:00h _ Café Bar Bekas (Ourense): saída dirección Xurés 10:00h _ Reunión dos tres campus en Bar Restaurante A Rola de Muíños (649557864) 11:00h _ Ruta 1: Inicio rote…