Ruta do Contrabando de Vilardevós

Data:sábado 18 de febreiro de 2017
Itinerario:  Vilardevós – Lamasdeite – Soutochao  Fervenza  Tomonte  Berrande 
Distancia: 19 km
Dificultade: media 


Comezado o ciclo de montaña deste ano 2017 achegámonos agora ata a "Raia Seca" entre Ourense e Portugal. Unha ruta que parte dende a Serra das Penas Libres en Vilardevós e que permitirá recuperar a memoria do contrabando entre países. Con todo o punto máis fermoso da ruta sen dúbida será a Fervenza do Pontón, unha verdadeira xoia do noso patrimonio natural tan pouco valorada. 

As recomendacións para esta ruta:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos unha moi boa xornada para a práctica do sendeirismo. Sen previsión de auga e con temperaturas medias (entre 12º e 2º). En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. 

Outro equipo complementario pode ser levar na mochila un poncho-chuvasqueiro por se falla a previsión. E como na anterior ruta os gorros, luvas ou bragas polares segundo criterio persoal de cada quen pero de seguro que son de agradecer nos tramos de maior altura da ruta.

- Para o tren inferior o calzado ideal é bota de Trecking con Gore-Tex pois estamos no inverno e existen varios tramos con auga. As polainas e bastóns a criterio individual.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... :P 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra: 7:45 (Praza Galicia nº5)
Saída dende Vigo: 8:10 (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense: 9:00 (Café-Bar Bekas)
Punto de encontro: 10:30 (Mesón Castaño, Vilardevós-Ourense) 

A hora de remate aproximado será as 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).