Volvemos á montaña, é a quenda do Courel

Data:sábado 04 de marzo de 2017
Itinerario:  Aula Natureza Moreda – Devesa de Rogueira  Miradoiro de Polín  Parada  
Distancia: 11 km
Dificultade: media-alta


Seguimos co ciclo de montaña deste ano 2017 tentando á sorte para poder catar algo de neve, desta volta dende os 1400m. da Serra do Courel e as fermosas paisaxes da Devesa de Rogueira. Unha verdadeira ruta de altura que demanda ir ben preparados para afrontala co máximo de garantías. É por isto que recomendamos:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos moitas posibilidades de pisar neve e incluso de camiñar con ela. Así é que agardamos unha sensación térmica de -2ºC e un 60% de probabilidades de auga. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. 

Outro equipo complementario interesante sería poder levar na mochila un poncho-chuvasqueiro por se en lugar de neve temos moita auga. E como nas anteriores rutas os gorros, luvas ou bragas polares son de agradecer ao superar os 1000 metros altura.

- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é bota de Trecking con Gore-Tex pois existen varios tramos con auga. As polainas quedan a criterio individual pero os bastóns serán moi necesarios tanto na fase de ascenso como de descenso. 

E lembrade que sempre podedes deixar unha muda no bus para volver secos a casa. ;)

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... :P 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios: 
Saída Pontevedra ás 7.45 (Praza Galicia nº5)
Saída dende Vigo ás 8.10 (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9.00 (Café-Bar Bekas)
Punto de encontro ás 11.00 (Mesón O Mirador - Folgoso Courel)

hora de remate aproximado será as 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).