👣🏚 Ruta 6 - Ciclo de Montaña I - Serra do Faro (Lugo)

👣 Data: sábado 26 de xaneiro de 2019
👣 Itinerario:  Penasillás - Oseira
👣 Distancia: 15-20 km 
👣 Dificultade: Media - Alta

> NOTA: A ruta inclúe unha visita guiada ao Mosteiro Santa María de Oseira

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


E da praia á montaña... despois da fantástica xornada de #Birdwatching na Guarda viaxamos desta volta ao interior, ao ceo de Ourense - Lugo - Pontevedra na Serra do Faro. Faremos unha ruta de dificultade media-alta que rematará cunha visita ao Mosteiro de Santa María de Oseira, sen dúbida un dos lugares con maior encanto de Galicia. 


RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada propia da época. Con temperaturas máximas de 7ºC e mínimas de 1ºC. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas. 
Para o tren inferior o calzado ideal pode ser bota tipo trekking, Gore-Tex e polainas recomendables. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre levar na mochila un paraugas pequeno por se falla a previsión e temos finalmente algo de auga.

Lembrade tamén que sempre podedes deixar unha muda completa no autobús. 

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 7:30h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 7:55h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe