👣🐦 Ruta 5 - Birdwatching no Esteiro do Miño / A Guarda (Pontevedra)

👣 Data: sábado 12 de xaneiro de 2019
👣 Itinerario:  A Guarda - Castro Santa Trega - Esteiro do Miño
👣 Distancia: 15-20 km 
👣 Dificultade: Baixa

> NOTA: A ruta inclúe unha actividade de Birdwatching na contorna do Esteiro do Miño. Un dos humidais máis importantes da península coa confluencia de dous ecosistemas: fluvial e marítimo.

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


...como se portaron eses magos de oriente? 😜     Algunha novidade para rutear? Este sábado viaxamos á foz do Miño, unha ruta de pendente suave para ir entrando no 2019 pouco a pouco. Desta volta temos unha oportunidade única de contar coa colaboración dun ambientólogo co que faremos un pequeno exercicio de #Birdwatching 👀🦅🦆🦉🐦Un planazo de sábado! 


RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada fantástica de sol, pero non de praia hehehehe... Con temperaturas máximas de 12ºC e mínimas de 6ºC. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas. Así podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 
Para o tren inferior o calzado ideal pode ser bota tipo trekking ou zapatilla. Gore-Tex e polainas opcional. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre levar na mochila un paraugas pequeno por se falla a previsión. 

Lembrade tamén que sempre podedes deixar unha muda completa no autobús. 

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 9:15h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 9:40 (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 16:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).