Data:sábado 13 de maio de 2017
Itinerario: Praia de Estorde, Sardiñeiro de Abaixo, Praia Langosteira, Fisterra, Faro, A Insua, Praia de Fóra, Praia Langosteira
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa
Track GPS: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17641306
4) Horario:
Itinerario: Praia de Estorde, Sardiñeiro de Abaixo, Praia Langosteira, Fisterra, Faro, A Insua, Praia de Fóra, Praia Langosteira
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa
Track GPS: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17641306
Rematamos o ano académico no que por moito tempo foi o fin do mundo coñecido, Fisterra. Unha ruta litoral chea de misticismo coas mellores paisaxes.
As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es non son moi boas e apuntan a que teremos moitas posibilidades de ter algo de choiva. Así é que malia a sensación térmica será boa (13/15ºC) será necesario estar preparados para camiñar nalgún momento baixo a auga.
É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (fundamental que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento, frío e auga ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor.
Moi recomendable tamén levar equipo complementario na mochila cun poncho-chuvasqueiro por se nalgún momento temos moita auga.
- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é zapatilla baixa de Trecking con Gore-Tex, non porque a ruta teña pasos complicados senón pola previsión meteorolóxica.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... :P
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno.
4) Horario:
Saída dende Vigo ás 8.00 (Rúa Areal nº46)
Saída Pontevedra ás 8.25 (Praza Galicia nº5)
Saída dende Ourense ás 9.00 (Café-Bar Bekas)
Punto de encontro ás 11.15 (Hotel Restaurante Praia de Estorde telf: 981 74 55 85 CEE - A Coruña)
Punto de encontro ás 11.15 (Hotel Restaurante Praia de Estorde telf: 981 74 55 85 CEE - A Coruña)
A hora de remate aproximado será as 18:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).