Sendeirismo de verán

Rematamos as rutas do ano académico 2015/2016 agradecendo a participación de todas e cada unha das persoas que camiñastes con nós en calquera dos 11 Roteiros Culturais que a Universidade de Vigo ofertaba este curso.

O próximo ano máis e mellor!! E para quen non sexa quen de agardar ata a tempada 2016/2017 lembrade:

- XVII Andaina Serra do Xurés 29 de Mayo - 17 km.

+ info e inscrición: Redonet (Rúa Ervedelo,25, Ourense, Tel: 988 222 692,  Fax: 988 225 960) deportesredonet@gmail.com.

E lembrade que o noso compañeiro Toni recolle na web Rutas de Sabores (preme aquí para acceder) o calendario de todas as andainas. Para non perder a forma!! ;)