Chega a cita anual co Xurés

Data:sábado 30 de xaneiro
Itinerario: Balneario de Riocaldo – Corga da Fecha – Balneario de Riocaldo
Distancia: 17 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido: Corga da Fecha, Aquis Ogeresibus Ao remate da ruta existirá a posibilidade de bañarse nas termas de Riocaldo (Lobios). Levar traxe de baño, toalla, sandalias etc
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12121621


E chegou a nosa cita anual co Xurés!! ...ese fantástico Parque Natural tan pouco recoñecido malia ao seu valor. E para axudar a valoralo nós imos en marcha!!

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un día frío e gris pero sen previsión de auga. Así é que con temperaturas mínimas de 4º, máximas de só 12º e coñecedores da singularidade do itinerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade non sobra nunca un chuvasqueiro en mochila para afrontar posibles variacións da previsión.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota tipo Trecking, e recomendable con Gore-Tex. Desta volta tampouco recomendamos o uso de
 polainas pero si outros complementos como bastóns pois na subida á Corga da Fecha de seguro podedes sacarlle uso. Asemade lembrar que podemos deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. Sempre recomendable e neste caso obrigatorio para quen teña pensado bañarse nas pozas termais ao pé do Balneario de Ríocaldo para o que será necesario traxe de baño, toalla e sandalias. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... IMPORTANTE SEMPRE TRAER BEBIDAS, xa que durante o percorrido existen poucos puntos de auga.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila un paraugas pequeno, xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web