Obxectivo Arnoia

Data: sábado 28 de novembro
Itinerario: O Val, O Viso, Escudeiros, O Val 
Distancia: 17 km
Itinerario para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11449455 


Avanzamos e chegamos a terceira ruta e o Río Arnoia será o obxectivo. E para gozar do día:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. Con algo de frío pero moi bo para camiñar!! Así é que as temperaturas mínimas serán de 7º e as máximas de só 12º. Con todo un ceo pouco anubrado garante un día fantástico. Recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking con Gore-Tex. Se ben desta volta non recomendamos o uso de
 polainas, si poden ser de interese outros complementos como bastóns. Asemade lembrar que podemos deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que durante o percorrido existen poucos puntos de auga.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila unha GORRA OU VISEIRA e PARAUGAS PEQUENO xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web