Data: sábado 7 de febreiro
Itinerario: A Lanzada, San Vicente, O Carreiro, O Grove
Distancia: 21 km
Itinerario para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8980094
Nota: Existirá a posibilidade de bañarse na praia (en función do tempo)
Só restan 3 rutas para rematar a temporada 2014/2015 dos Roteiros Culturais da Universidade (sen contar a extraordinaria saída do Camiño de Santiago de maio da que pronto colaremos máis info). E xa cheira a primavera, no interior aparecen as mimosas e no litoral o mar comeza a actuar de polo de atracción. Así é que este finde tiramos cara a praia, e coa previsión que temos máis dun tomará o primeiro baño do ano.
1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día fantástico con temperaturas mínimas de 9º, máximas de 20º e un fermoso sol no alto durante toda a xornada. Así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente.
- Para o tren inferior o camiño é moi sinxelo, con pouco desnivel, praias e carreiros polo que o ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking. Non será necesario nin polainas nin outros complementos como bastóns. De todos modos quen o use avanti!! ;)
Lembrade que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. Esencial calzado e calcetíns!!!
2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento: (bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que en días calurosos bebemos o dobre dunha xornada normal.
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. E importante tamén GORRA OU VISEIRA.
4) Horarios: Os de Ourense ás 8:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web