Camiño Santiago 1-3 de maio de 2015


> CANDO? COMO?
Fixemos a nosa primeira peregrinación a Santiago de Compostela no 2005, a segunda no 2010 e a terceira non podía faltar no ano da conmemoración do 25 aniversario da Universidade de Vigo en 2015.

O percorrido de 110 km estará dividido en tres etapas a realizar os días 1,2 e 3 de maio:
1ª Etapa: Ourense - Dozón (40 km)
2ª Etapa: Dozón - Bandeira (35 km)
3ª Etapa: Bandeira - Santiago (35 km)

> INSCRICIÓNS? PREZO?
Dende o xoves 19 de marzo e ata o 10 de abril está aberto o prazo de preinscrición para todas as persoas interesadas en participar. A inscrición pode realizarse directamente na web do Servizo de Deportes, informarse no 988 387102 ou en siope-ou@uvigo.es

Hai un máximo de 35 prazas, polo que tras a preinscrición farase unha selección de interesadas na que terán prioridade aqueles que teñan completado un maior número de andainas dos roteiros culturais e aqueles que sexan membros da comunidade universitaria. A confirmación de praza farase o 13 de abril. Os seleccionados terán que facer a inscrición definitiva e o pagamento das taxas (120 euros para membros da comunidade universitaria e 160 euros para persoas externas) entre o 14 e o 17 de abril. Días antes da ruta extraordinaria, a organización manterá unha reunión con todos os participantes para darlles información e os últimos consellos.

> ALOXAMENTO? COMIDA?
O Servizo de Deportes encargarase dos hoteis para pernoctar, do catering que servirá a comida durante todo o día e do autobús para o regreso a casa e porá un coche de apoio para calquera eventualidade.

> + INFO:
Con estas xornadas en ruta queremos tamén render homenaxe a nosa guía Camiño de Santiago-Vía da Prata editada pola Universidade de Vigo, unha guía moderna, do século XXI e con todos os procedementos técnicos e loxísticos que implica. Unha guía histórica e turística pero tamén unha guía de acción pensada para o camiñante.