De pazos, ferraduras, ríos e castros...

Ruta 3 / 2014-2015 _ Trasalba-PACC San Cibrán de Lás

Data: sábado 22 de novembro
Itinerario:Pazo Museo Otero Pedraio-Trasalba, Petroglifos A Ferradura, A Pedra Formigueiro, Teixeira, Portecelos, Fondo de Vila, Fervenza do Viñao, O Souto, PACC San Cibrán de Lás.
Distancia: 19 km
Nota: A ruta inclúe visita guiada ao Pazo Museo Otero Pedraio, conxunto petroglifos A Ferradura e PACC San Cibrán de Lás.



Chega a terceira ruta do ano e a previsión meteorolóxica de novo non é a ideal. Os modelos numéricos de Meteogalicia falan de chuvia a partir do mediodía, pero é o que ten querer ter as paisaxes verdes das que tanto gostamos non?

O percorrido é moi suave e, arredor dos 19 km, alteramos o tramo por Puzo Lago para gozar co outono na fantástica Fervenza do Viñao e o paseo do río.

Coma sempre, as nosas recomendacións específicas:

1) Como decimos a previsión do tempo fala de auga pero as temperaturas serán elevadas, entre 12º e 17º, polo que sumado ao estado do terreo aconsellamos levar roupa preparada para a auga pero en capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Para a parte superior recomendamos levar un chuvasqueiro transpirable, un pantalón de augas ou semellante (polainas) para o tren inferior e como calzado aconsellamos zapatillas baixas tipo trecking pero con Gore-Tex ou aptas para a auga. E de novo o noso amigo paraugas. Ademais non sobraría deixar unha muda non autobús por se rematamos un "pouco secos" hehehehehe...

2) Recomendamos traer tamén algo de avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...)

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla.

4)
Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra en principio e segundo publican na web: proximidades Cafetín (Po) ás 08.00, do Areal (Vi) ás 08.25

Publicacións populares deste blog

De finde á montaña, imos ao Xurés

Comeza o ciclo de montaña 2017 [Actualizada]

Ruta do Contrabando de Vilardevós