A primeira do ano... CON VIÑO!! :)

Pois iso mesmo familia...a primeira ruta do ano deste sábado 18 coincide coa 1ª Andaina do Viño de Monterrei. Unha modalidade diferente ao resto de rutas programadas para este curso académico. A ruta estará debidamente balizada e cada quen poderá facelo ao ritmo que considere oportuno. Algo interesante xa que despois do verán non todas temos o mesmo estado de forma. :P

O percorrido total ten unha distancia de 29,4 km pero poderá ser realizado nunha ou dúas etapas. A segunda só será posible comezala a partir das 13h.


 A ruta percorre os lugares máis senlleiros do concello pasando polas adegas da D.O. Monterrei que ao rematar convidarán a unha degustación dos seus viño con sorteo de regalos. Ademais, o longo do percorrido haberá varios puntos de avituallamento. Todo un plan non é??

Coma sempre as nosas recomendacións específicas:

1) A previsión do tempo a día de hoxe fala de que mellorará bastante con respecto á situación destes días. Con todo podemos ter algún momento de auga que sumado ao estado do terreo aconsellan levar roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Para a parte superior teremos que levar tamén un chuvasqueiro transpirable. Como calzado aconsellamos zapatillas baixas tipo trecking pero con Gore-Tex ou aptas para pasar por zonas con auga.

2) Malia a que na ruta haberá varios puntos de avituallamento recomendamos traer tamén algo complementario de sólidos (bocadillo, froita, froitos secos, etc.)

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns) para deixar no bus.

4)
Horarios: OLLO!!! IMPORTANTE!!!! Os de Ourense saímos ás 8:30 dende Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar. En principio e segundo publican na web: proximidades Cafetín (Po) ás 07.45, do Areal (Vi) ás 08.10 

Para inscricións premede aquí






Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés