List@s para a derradeira do ano???

Chega a derradeira do ano!! Estades list@s?? Pouco máis de 20 km entre o fondo da Ría de Vigo e a vila de Moaña. Unha ruta para pechar por completo o Morrazo despois das rutas dos anteriores anos. Se queredes botarlle unha ollada aquí queda o track:


E se queredes ver algunhas fotos do recoñecemento están co resto na nosa páxina de Facebook.

As recomendacións e anotacións para esta etapa:

1) A previsión do tempo é boa, pero que moi boa!!! Polo que a nosa recomendación é a de calzado baixo e cómodo, tipo zapatilla de trecking transpirable. Asemade para combatir a calor roupa lixeira e en capas, gorra, crema solar... Ademais, e coma sempre, traede avituallamento e moi IMPORTANTE: AUGA!!!

2) Traede bañador e toalla. Ao rematar a ruta, como todos os anos, deixaremos un tempo para que quen queira abrir a veda de baño do ano o faga a gusto. Podedes traelos nunha mochila e deixalos no bus para non cargar con eles durante o percorrido.

3) Horarios: Ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora. Nós informámoslles que teredes que estar arredor das 10:15 no Hotel San Luís de Paredes polo que desta non madrugaredes moito. A ruta-baño rematará arredor das 18:00 h. 

Vémonos nunhas horas. ;)