E da costa ao interior!!

Como van eses pés mollados? Secaron xa as botas despois da aventura de cruzar o río? Pois máis vale porque mañá toca descubrir un dos destinos máis descoñecidos do interior, a Ribeira Sacra do Miño. Un percorrido de case 19 km que nada ten que botar en falta perante o seu homólogo na Ribeira Sacra do Sil. Máis verde, máis produtivo, con máis panorámicas...se queredes podedes botarlle unha ollada ás fotos de recoñecemento premendo aquí.



E coma sempre, para que a ruta sexa o máis agradable posible para tod@s, un par de recomendacións:

1) A previsión do tempo a día de hoxe fala dunha xornada moi gris con 85% de probabilidades de choiva na mañá e un pouco menos pola tarde. O único bo é que melloran as temperaturas: entre 15º e 20º. Previsión que sumada ao recoñecemento do terreo aconsella novamente levar roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Roupa de augas, especialmente para a parte superior teremos que levar tamén un chuvasqueiro transpirable. Como calzado aconsellamos botas con Gore-Tex, tanto para auga como para protexer o pé.  

2) Traede coma sempre o avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, bebidas etc.)

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns) para deixar no bus, navalla, cantimplora ou similar con auga. 

4) A actividade inclúe visita comentada ás igrexas románicas de Santo Estevo de Ribas de Miño e Santo Martiño da Cova. Calculamos que a xornada rematará arredor das 18:00 h.


5) Horarios: O punto de encontro é Café-Bar Bekas ás 9. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar.