A primeira do ano!! Camiñando a VIA NOVA!!

Este sábado temos o primeiro roteiro deste ano 2014. Unha ruta de aproximadamente 20 km na que seguiremos as pegadas de tantos outros camiñantes na historia que empregaron a VIA NOVA como fío de comunicación do sur da antiga Gallaecia.

E coma sempre consellos para a xornada:

1) A previsión do tempo fala de menos frío que estes días, pero dun 95% de probabilidades de choiva para ese día. Ademais, despois de recoñecer o terreo, a ruta pasa por numerosas zonas con auga. Con tal aconsellamos traer polares de cremallera en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor así como calzado preparado para a auga: botas con Gore-Tex!! 


2) Traede coma sempre o avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, bebidas etc.)

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.

4) A actividade inclúe unha pequena visita da man do noso medievalista Víctor Rodríguez Muñíz á igrexa de Santa Comba de Bande e un paseo polo Centro de Interpretación da VIA NOVA (o estado do Encoro das Conchas non permite visitar o campamento romano de Aquis Querquennis) polo que a xornada rematará arredor das 17:00 h.


5) Horarios: seguen madrugando os de Vigo e Pontevedra. Os de Ourense ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar. 

As cores do inverno na Baixa Limia


Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés