List@s para a derradeira? List@s para o baño?

Acabamos de chegar de recoñecer o terreo para a última ruta do ano e só temos adxectivos positivos. Fantástica, fabulosa, espectacular... o sábado poderédelo comprobar en persoa. Este será o percorrido:


Recomendacións:

1) A previsión do tempo é boa dende o xoves polo que, en principio e se non cambia, a nosa recomendación é a de calzado baixo e cómodo, tipo zapatilla de trecking. Non son necesarias as botas xa que apenas cruzamos por zonas con auga. Malia isto se a zapatilla ten Gore-Tex perfecto!! 
2) Traede bañador e toalla. No tempo de descanso para comer e ao rematar a ruta, como todos os anos, deixaremos un tempo para que quen queira abrir a veda de baño do ano o faga a gusto.
3) Horarios: desta volta tócanos madrugar aos de Ourense. Ás 8:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora. Nós informámoslles que teredes que estar ás 9:45 en Hío (Café-Bar Stop) polo que desta non madrugaredes moito.


Todo listo? Esperámosvos na praia. ;)