Boas festas e mellor ano 2013 (sen crise)

Como levades estas datas? Non comades moito turrón... bo ou si, non vos preocupedes porque despois poderedes recuperar a forma camiñando connosco e descubrindo o rico patrimonio galego. Recordade!!! ...volvemos o 26 de xaneiro apoiando o Proxecto do Espazo Natural dos Sete Camiños. Xa vos daremos máis información, agora estamos a deseñar a II Andaina Cidade Universitaria que se celebrará o 10 de Marzo de 2013 con saída e final dende o CUVI. Xa vos daremos máis información tamén no futuro. De momento... boas festas e feliz ano novo! ;9