Sultán Willy!!!

 Hoxe foi presentado á prensa nas Termas de Outariz o equipo da Universidade de Vigo que participará na XXVII edición do  Marathon des Sables. Colamos a continuación a presentación do acto en ISSUU. Con todo, tedes unha moi boa crónica do evento no Diario da Universidade de Vigo realizada pola nosa compañeira do Gabinete de Prensa Rosa Tedín.

José García-Calvo Willy, Antonio Molina e Ana Guede levan seis duros meses de adestramento diario para superar un gran reto físico e mental. Correr do 6 ao 16 de abril a 27 Sultan Marathon des Sables, en Marrocos. Co patrocinio da Universidade de Vigo, o equipo afronta con moita ilusión e ganas unha proba na que percorrerán 240 quilómetros polo deserto e na que só disporán dunha mochila de nove quilos de peso co imprescindible para sobrevivir. Eles serán tres dos arredor de 1000 participantes que...(seguir lendo)