Queredes coñecer un lugar único?

 Despois da pasada andaina polo faiado da Galicia como citábamos en anteriores entradas, esta fin de semana achegámonos as fermosas terras dunha vila referente internacional en sustentabilidade: Allariz. Asemade, a visita guiada desta ocasión procura achegarnos a un lugar máxico: o conxunto histórico-artístico, natural e arqueolóxico de Santa Mariña de Augas Santas-Armea. 




 Lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 07:30 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 07:50 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00.

 Grupo Ourense:
 Punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00.