Despois do primeiro contacto coa montaña en San Mamede seguimos o ciclo cunha fantástica ruta na Estación de Montaña de Manzaneda e os seus 1781 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Aínda que tiñamos previsto o roteiro desde a Estación de Montaña de Manzaneda ao val glaciar de Prada para finalizar en Requeixo, debido ás condicións climatolóxicas tanto destes días como a que teremos o propio sábado, modificouse o percorrido para velar pola vosa seguridade.
👣 Data: Sábado 02 de Marzo de 2024
👣 Itinerario: Estación de Montaña de Manzaneda, O Candal, Penedos do Lobo, Miradoiro Chaira das Lamas, Rozavales, Pumbariños, Manzaneda
👣 Distancia: 15 km
👣 Dificultade: Media-alta
👣 Punto de encontro dos tres Campus: Ás 10:15h na Cafetería da Estación de Montaña de Manzaneda (https://maps.app.goo.gl/bLrxXAhncW9TSpBJ7)
👣 GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-7-ciclo-montana-ii-manzaneda-ourense-rutas-culturais-uvigo-2023-24-161749526
👣 Perfil da ruta:
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos un día de inverno con neve, vento e auga
RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.
1) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.
2) Equipo aconsellable complementario: Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno ou semellante.
3) Punto de encontro e horarios:
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo ás 08:30h
O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.