Este será unha viaxe fascinante a través da riqueza cultural
da rexión, comezando polo encanto da Rexión do Ribeiro e os seus
Viños: Un Paseo pola Cultura Vitivinícola
A zona do Ribeiro é recoñecida polos seus viños, que cultivaron unha reputación ao longo dos séculos. Durante o roteiro, as nosas “muvers” poderán mergullarse na cultura vitivinícola da rexión, aprendendo sobre as tradicións vinícolas locais e a influencia única do clima na produción de viños de alta calidade.
E tamén coma non a Vila Termal de Arnoia: Augas
Termais e Tranquilidade.
A seguinte parada no noso roteiro lévanos á Vila Termal de
Arnoia, onde a serenidade atópase coas augas termais. Este destino histórico
foi un refuxio para aqueles que buscan relaxación e benestar. A historia de
Arnoia entrelázase coas propiedades curativas das súas augas, ofrecendo unha
perspectiva fascinante sobre a importancia cultural e terapéutica deste
enclave.
👣 Data: Sábado 27 de Xaneiro de 2024
👣 Itinerario: Coto Novelle - Capela de S. Miguel - Torre do reloxo - Oliveira - Outeiro - Vila Termal de Arnoia
👣 Distancia: 17,5 km
👣 Dificultade: Media-baixa
👣 Punto de encontro dos tres Campus: Ás 09:45h no Restaurante/Bar A Quinza na N-120, Km 557, Ribadavia (https://maps.app.goo.gl/Bv8L8bp92RBDRjLs8)
*Estaba posto o Bar Industrial en Arnoia, pero por motivos de enfermidade permanecerá pechado.
👣 GPS (itinerario aproximado):
👣 Perfil da ruta:
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos un día case primaveral impropio destas datas do ano:
Ideal roupa combinada polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o camiño aconsella levar bota ou zapatilla de trekking.
RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.
1) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.
2) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas.
3) Punto de encontro e horarios:
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo ás 09:00h
O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.