👣 02/12/2023 | RUTA 3. O Pequeno Tíbet. Sistelo. (Portugal)

 

Os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo chegan cunha das visitas máis fascinantes deste primeiro cuadrimestre: o pequeno Tíbet de Sistelo no país veciño de Portugal. Unha ruta única, de intensidade media-alta que combina paisaxes diversas de val e montaña propias doutras latitudes. 

E como é norma, xa sabedes, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as 
recomendacións para a ruta. ↓



 

👣 Data: Sábado 02 de Decembro de 2023

👣 Itinerario: Sistelo  - Tabarca - Barreirô - Ecovía - Sistelo

👣 Distancia: 14,5 km 

👣 Dificultade: Media-Alta

👣 GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-3-o-pequeno-tibet-sistelo-rutas-culturais-uvigo-2023-24-154394170

 

👣 Perfil da ruta: 


RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día propio de outono pero sen auga:


 

...así é que recomendamos de novo levar diferentes capas (a exterior sempre impermeable por se falla a previsión). Ideal roupa combinada polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o camiño aconsella levar bota con Gore-TexAs polainas recomendables e os bastóns opcionais. Algúns dos camiños cara o pobo de Tabarca están cheos de auga.

 


RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento 
bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.

3)
 Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 

4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia

Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.