Este roteiro entre Ponte do Porto e Muxía pertence ao Camiño dos Faros da Costa da Morte, concretamente a Etapa 6 entre Camariñas e Muxía. Unha ruta que, ao longo de 200 km entre Malpica e Fisterra, percorre esta abrupta, máxica, fermosa, e salvaxe costa. Cantís, praias, faros, rías, sentindo o alento do mar e a forza do vento.
Tedes toda a información na URL: https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4095
👣 Data: sábado 29 de abril de 2023.
👣 Itinerario: A Ponte do Porto, Porto de Cereixo, A Barreira, Faro e Praia do Lago, Merexo, Praia de Area Maior, Chorente, Muxía.
👣 Distancia: 18 km.
👣 Dificultade: Media.
👣 Itinerario: A Ponte do Porto, Porto de Cereixo, A Barreira, Faro e Praia do Lago, Merexo, Praia de Area Maior, Chorente, Muxía.
👣 Distancia: 18 km.
👣 Dificultade: Media.
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos un día propio de primavera:
...así é que haberá que ir preparados para calquera situación. Coñecendo o percorrdio recomendamos levar diferentes capas pero con especial atención á auga e ao vento que neste lugar é norma. Ideal roupa combinada interior polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura e cun ollo á previsión de algo de auga. No referido ao calzado o percorrido aconsella levar Gore-Tex. As polainas e os bastóns son opcionais.
RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.
2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas.
2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas.
4) Punto de encontro e horarios:
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo
O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.