👣 15/04/2023 | Pelegrinaxe Santo André de Teixido. Ponte Mera – Santo André de Teixido (A Coruña)

 

👣 Os camiños nacen e morren como os homes se ninguén os percorre, e este de Ourense a Teixido levaba moito tempo de agonía sen camiñantes, con esa frase de Álvaro Cunqueiro introducimos esta pelerinaxe que en 1927 Ben-Cho-Sey, Vicente Risco e Otero Pedrayo decidiron levar a cabo. Coa premisa “A San Andrés de Teixido vai de morto o que no foi de vivo”, daremos a coñecer este enclave situado nas Rías Altas de Galicia, sobre os cantís máis altos da Europa continental, no municipio de Cedeira. Sobre este pequeno lugar se cerne o segundo santuario máis visitado da comunidade galega: Santo André de Teixido. Un lugar cargado de historia, de beleza e de lenda. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.


ℹ️ Tedes toda a información na URL:


👣 Data: sábado 15 de abril de 2023.
👣 Itinerario: Ponte Mera, Casón, Bíduido, Teixido.
👣 Distancia: 17 km.
👣 Dificultade: Media.

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día propio de primavera:


...así é que haberá que ir preparados para calquera situación. Coñecendo o percorrdio recomendamos levar diferentes capas pero con especial atención ao vento que neste lugar é norma. Ideal roupa combinada interior polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura e cun ollo á previsión de algo de auga. No referido ao calzado o percorrido aconsella levar Gore-TexAs polainas e os bastóns son recomendables.

RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio. 

3) Equipo 
aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 


4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.