👣 18/03/2023 | Vilar de Barrio. Castro - Castelo de Bóveda. (Ourense)

 

👣 O mellor miradoiro para comprender as dimensións da extinta Lagoa de Antela, a "Doñana de Galicia", sitúase en Bóveda (Vilar de Barrio). Desde este punto podemos divisar unha extensión de máis de vinte quilómetros á redonda, coa serra de San Mamede ás nosas costas e a nacente do Río Limia ao carón. Esta situación estratéxica entre os vales do Limia e Arnoia está vixiada polo “Monte do Castelo”, un xacemento arqueolóxico único en Galicia que supera as 15 hectáreas de extensión e os 2000 anos de antigüidade. Este sábado 18 de marzo teremos a sorte de descubrilo!


ℹ️ Tedes toda a información na URL:

👣 Data: sábado 18 de marzo de 2023.
👣 Itinerario: Parada, Porto-Alemparte, Arnuide, Seiró, Bóveda.
👣 Distancia: 17 km.
👣 Dificultade: Media.

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día para despedir o inverno:


...así é que coñecendo o percorrido recomendamos levar diferentes capas pero con especial atención ao frío das primeiras horas e á posibillidade de auga. Ideal roupa combinada interior polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o percorrido aconsella levar bota con Gore-TexAs polainas e os bastóns son moi recomendables.

RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio. 

3) Equipo 
aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 


4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.