👣 25/02/2023 | O Courel (Lugo)

 


👣 O Courel é un dos territorios máis antigos da península. O seu interese xeolóxico é manifesto coa multitude de covas que existen na contorna. Neste percorrido estaremos ante a grande reserva verde de Galicia. Todas as especies, excepto as litorais, teñen representación neste cruzamento xeográfico de montaña, con características atlánticas e mediterráneas. Visitaremos o Castro de Vilar así como a Ermida de San Roque, dentro dun itinerario entre sobreiras, castiñeiros e a presenza do río Lor.


👣 Data: sábado 25 de febreiro de 2023.
👣 Itinerario: Vilar - Froxán - Vilamor - Campa.
👣 Distancia: 16 km.
👣 Dificultade: Media-Alta.

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións, despois dun tempo sen auga, apuntan a que teremos un día máis acorde co inverno:



...así é que coñecendo o percorrdio recomendamos levar diferentes capas pero con especial atención ao frío das primeiras horas e á posibillidade de auga. Ideal roupa combinada interior polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o percorrido aconsella levar bota con Gore-TexAs polainas e os bastóns son moi recomendables.


RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio. 

3) Equipo 
aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 


4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.