👣 21/01/2023 | Catoira (Pontevedra)

 

👣 Nesta primeira etapa de 2023 estreamos o ano cun percorrido de dificultade media-baixa para coñecer o patrimonio natural e histórico de Catoira. Unha incursión nas lendas das Torres do Oeste, chave e selo de Galicia. Visitaremos tamén outros recursos etnográficos como muíños de vento, río e marea espallados na zona.

ℹ️ Tedes toda a información na URL: https://onx.la/35e24

👣 Data: sábado 21 de xaneiro de 2023.
👣 Itinerario: Catoira - Ermida de San Cibrán - Lagoa Pedras Miúdas - Torres do Oeste.
👣 Distancia: 16 km.
👣 Dificultade: Media-Baixa.

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións, despois dunha semana complicada, apuntan a que teremos un día fantástico para a práctica do sendeirismo:

...así é que coñecendo o percorrdio recomendamos de novo levar diferentes capas. Ideal roupa combinada polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o camiño e as augas destes días aconsellan levar bota con Gore-TexAs polainas e os bastóns son recomendables pero non obrigatorios.


RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio. 

3) Equipo 
aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 


4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.