👣 26/11/2022 | Ruta Cabo Udra (Bueu - Pontevedra)

👣 Do interior de novo volvemos á costa, nesta ocasión a un dos lugares máis fermosos das Rías Baixas Galegas: Cabo Udra (Bueu, Pontevedra). Este sábado 26 de novembro descubriremos a paisaxe recoñecida como Lugar de Interese Comunitaria polos seus magníficos valores naturais. sendeirismo con patrimonio cultural e natural ao máis puro estilo "roteiros". A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.

ℹ️ Tedes toda a información na URL: cutt.ly/NN03KAX

👣 Data: sábado 26 de novembro de 2022.
👣 Itinerario: Aldán - Cabo Udra - Bueu.
👣 Distancia: 18 km.
👣 Dificultade: Baixa.

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día propio de outono pero sen auga:

...así é que recomendamos de novo levar diferentes capas (a exterior sempre impermeable por se falla a previsión). Ideal roupa combinada polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o camiño aconsella levar bota con Gore-TexAs polainas recomendables e os bastóns opcionais.

RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio.

3) Equipo 
aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 


4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.