👣 14-17/04/2022 | Camiño Portugués da Costa

 

👣 Despois dun ano de preparación chegou o momento!! Este sábado 14 de maio iniciamos a nosa peregrinación a Santiago de Compostela. O noso itinerario será o coñecido Camiño Portugués da Costa, a primeira etapa dende Vigo a Pontevedra, seguiremos o domingo ata Caldas de Reis, o luns remataremos en Padrón e celebraremos o Día das Letras Galegas na capital do país.

ℹ️ Tedes toda a información na URL: https://acortar.link/6oKBsV

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos uns días de moito sol e calor ...así é que recomendamos levar roupa lixeira para camiñar e que podamos ir retirando en diferentes capas. 

RECORDATORIO: lembrade que non tedes que cargar coa vosa maleta, que a organización transportará entre hospedaxes, polo que podedes levar as mudas que consideredes necesarias.

2) Como avituallamento podedes levar o que consideredes nunha mochila pequena (especialmente auga, en ruta haberá varias fontes), con todo almorzo, xantar e cea correrán por conta da organización. 

3) Equipo aconsellable: 

- Mochila pequena para levar en ruta cos nosos útiles persoais (teléfono, carteira...) na que levar tamén auga (bidón para recargar nas fontes), crema solar, compeed, gorra ou viseira, así como un pequeno chuvasqueiro (por se nalgún momento falla a previsión). Os bastóns son recomendables aínda que non necesarios. 

Mochila grande para deixar no hotel con tres mudas completas de vestimenta persoal (sábado-domingo, domingo-luns e luns-martes), zapatillas de deporte para cambiar ao remate do día, útiles de aseo, pixama e cargador do teléfono móbil. 


4) Consellos: 

Será fundamental cubrir a cabeza do calor, facer un uso apropiado da crema solar, beber moita auga, estirar ao final de cada etapa e por enriba de todo NON DESANIMARSE!! TODAS CHEGAREMOS A SANTIAGO!! BO CAMIÑO!!