👣 09/04/2022 | Camiño a Fisterra

👣 Ás nosas costas chegou o Apóstolo Santiago nunha barca de pedra e nas nosas costas rematará esta peregrinación polos camiños de Galicia. Partimos da vila mariñeira de Cee, pasamos por Corcubión e chegaremos a Fisterra, que tamén chaman "a fin da terra" ou "a fin do mundo". Que mellor lugar para poñer fin tamén á nosa aventurar?

📅 Podes inscribirte a través do Campus Activo: https://cutt.ly/OFrGmdJ

👣 Data: sábado 09 de abril de 2022
👣 Itinerario: Cee - Corcubión - Fisterra
👣 Distancia: 17,1 km
👣 Dificultade: Media

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día con nubes, claros e posibilidade de algo de auga, primavera vaia!!! ...así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas, obrigatorio que a exterior sexa impermeable. 
Para o tren inferior o calzado pode ser tipo bota ou zapatilla posto que o percorrido combina diferentes tipos de firme. Considerando a auga destes días o que si é fundamental é que teña Gore-Tex.
 As polainas e bastóns opcionais nesta ocasión.

RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...  

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario de cada ruta comunicarase por correo-e o venres anterior a cada ruta, aínda que oscilará sempre entre as 07:00h e as 09:00h da mañá a saída e arredor das 18:00h o fin da actividade (sen contar o regreso aos puntos de orixe).