Iniciaremos etapa nunha das mellores obras de arquitectura civil de todo o percorrido dende Francia, a ponte sobre o Río Furelos. Dende aquí atravesaremos as Terras de Melide ata chegar a Arzúa, vila queixeira na que poder poñer a guinda a esta dócil etapa.
👣 Data: sábado 26 de marzo de 2022
👣 Itinerario: O Leboreiro - Melide - Arzúa
👣 Distancia: 19,8 km
👣 Dificultade: Media
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos un día primaveral con nubes e claros, así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas, ideal se a exterior é impermeable que neste tempo todo pode pasar.
- Para o tren inferior o calzado pode ser tipo bota ou zapatilla posto que o percorrido combina diferentes tipos de firme. Considerando a auga destes días o que si é fundamental é que teña Gore-Tex. As polainas e bastóns opcionais nesta ocasión.

RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas.
4) Horarios:
Saída dende Pontevedra Praza Galicia

Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo
O horario de cada ruta comunicarase por correo-e o venres anterior a cada ruta, aínda que oscilará sempre entre as 07:00h e as 09:00h da mañá a saída e arredor das 18:00h o fin da actividade (sen contar o regreso aos puntos de orixe).