Unha das rutas de montaña máis fermosas que a día de hoxe poden facerse na Serra de San Mamede. Combinando as paisaxes de ribeira e prado no fondo do val, cos amplos horizontes e inigualables panorámicas do alto da montaña.
👣 Data: sábado 11 de decembro de 2021
👣 Itinerario: Rebordechao – Ermida de San Mamede – Rebordechao

👣 Distancia: 12 km
👣 Dificultade: Media / Alta
👣 GPS (itinerario aproximado):
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos un día propio de montaña para a práctica do sendeirismo. Ideal para gozar desta ruta na serra, pero para iso é necesario ir ben equipados. Así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas. A exterior sempre impermeable nesta época.
- Para o tren inferior o calzado ideal debe ter Gore-Tex. Desta volta a bota é a mellor opción. As polainas e bastóns máis que necesarios e sempre recomendables.

RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús. Desta volta tamén máis que recomendable a muda de calzado pois a previsión é de pisar abundante neve.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... Ao rematar despediremos o ano como se merece cun magosto no que a Universidade de Vigo convidará a xantar a todos os participantes. Así que non levedes moito pincho previo para a ruta. :P
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. Recomendable sempre tamén levar na mochila unha capa tipo poncho e/ou un paraugas. Desta volta tamén luvas e gorro.
4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 08:15h (Praza Galicia)

Saída dende Vigo ás 08:40h(Antiga Reitoría, Rúa Areal)
Saída dende Ourense ás 09:30h (Café Perla, Pavillón Deportes UVigo)
A hora de remate aproximado será ás 18:00h (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)