👣 R8/19-20_ A Fervenza das Hortas. ARZÚA (CORUÑA)

E da montaña de Sanabria viaxamos agora ao norte do país, en concreto os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo chegan a Arzúa. E non imos por queixos, imos na caza de fervenzas hehehehe... en concreto a Fervenza das Hortas, unha das máis altas de Galicia. 

Será unha ruta sinxela pero igualmente necesario atender ás recomendacións para a ruta. ↓



👣 Data: sábado 07 de marzo de 2020
👣 Itinerario: Gramil, Tronceda A Vella, A Igrexa, Tronceda A Nova, Fervenza das Hortas. 
👣 Distancia: 16 km 
👣 Dificultade: Baixa 
👣 GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/a-fervenza-das-hortas-roteiros-uvigo-19-20-ruta-8-47392606

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=2118
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior. (Se tedes dúbidas coa inscrición poñédevos en contacto coa unidade administrativa máis próxima: Pontevedra  986 802 088, Vigo  986 812 182Ourense  988 387 102.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que despois dunha semana pasada por auga teremos un día fantástico para a práctica do sendeirismo con sol e nubes pero sen precipitacións de importancia. Así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. A interior pode ser térmica pois as mínimas son baixas, porén o máis importante é que a exterior sexa impermeable por se a previsión falla. E coma sempre se podedes, e tedes a vosa disposición, levade sempre na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrirvos no caso de ser sorprendidos por moita auga. 
Para o tren inferior o calzado ideal debe ter Gore-Tex. Desta volta se é bota ou calzado baixo a vosa disposición. As polainas e bastóns recomendables pero non necesarios.
RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús.

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. Recomendable sempre tamén levar na mochila un paraugas pequeno por se falla a previsión.

4) Horarios: 
Saída dende Vigo ás 08:35h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás 09:00h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia)
Saída dende Ourense ás 09:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 16:30h(sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)